Atol Ailinginae
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ailinginae é un atol deshabitado composto por 25 illas no océano Pacífico, no extremo norte da Cadea Ralik. É un distrito lexislativo da Cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total ocupa uns 2,8 km² de terra firme e unha lagoa interior de 105,96 km².
Tipo | Atol división administrativa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Cordal Ralik | ||||
Situado na entidade xeográfica | Cordal Ralik | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Marshall | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 3 m | ||||
Superficie | 2,8 km² | ||||
Atópase aproximadamente a 13 km ao oeste de Rongelap. A paisaxe é de baixa altitude con só uns poucos metros sobre o nivel do mar. Toda a illa está rodeada por arrecifes. As dúas entradas á lagoa son os pasos Mogiri e o Eniibukku. Estes teñen 1,5 e 0,5 km de ancho, respectivamente.
Ailinginae está deshabitado desde 1954 cando os poucos habitantes foron evacuados debido á os temores de choiva radioactiva do Atol Bikini cara ao noroeste.
A temperatura media destas illas é duns 27 °C durante o día e lixeiramente máis cálido durante a noite debido ao clima frío asociado con choivas. A tempada de choivas é de setembro a novembro. A illa está cuberta de matogueiras, pastos e algúns rodales de árbores Casuarina.
Ailinginae foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.