From Wikipedia, the free encyclopedia
AtlasGlobal, chamada Atlasjet ata o 31 de marzo de 2015,[1] é unha aeroliña turca con sede en Istanbul,[2] que opera voos domçesticos regulares e servizos internacionais de pasaxeiros ademais de voos chárter, a meirande parte deles dende a súa base no aeroporto de Istanbul-Atatürk.
AtlasGlobal | ||
---|---|---|
IATA KK | OACI KKK | Indicativo ATLASGLOBAL |
Fundación | 14 de marzo de 2001 | |
Inicio das operacións | 1 de xuño de 2001 | |
Aeroporto principal | Istanbul-Atatürk | |
Plan de voo frecuente | Atlasmiles | |
Subsidiarias | AtlasGlobal Ukraine | |
Frota | 24 | |
Destinos | 58 | |
Holding | ETS Group | |
Eslogan da compañía | A World Beyond Dreams | |
Sede | Istanbul, Turquía | |
Páxina web: https://www.atlasglb.com/ |
A aeroliña creouse o 14 de marzo de 2001 e iniciou as súas operacións o 1 de xuño do mesmo ano. Naceu co nome Atlasjet International Airlines e fundouse como subsidiaria de Öger Holdings. No ano 2004 o ETS Group mercou o 45% das accións, e chegou a controlar o 90% en febreiro de 2006 tras facerse co control do 45% que tiña Öger Holdings.
En agosto de 2012 AtlasGlobal Airlines contratou a Ryan International Airlines, unha aeroliña chárter estadounidense, para operar voos de peregrinación relixiosa a cidades como Medina e Tel Aviv. En xaneiro de 2013 AtlasGlobal non cumpríu cos pagamentos a Ryan International, o que levou ao final da cooperación sen previo aviso. Ryan International Airlines, que xa se atopaba nun proceso de reorganización por bancarrota, non foi capaz de recuperarse das perdas e enfrontouse a dificultades económicas que levaron á súa liquidación.[3][4]
Atlasjet anunciou que pasaría a chamarse AtlasGlobal o 1 de abril de 2015.[1]
En xaneiro de 2018 a frota de AtlasGlobal estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 1 | — | 8 | 126 | 134 | |
Airbus A320-200 | 5 | — | 8 | 156 | 164 | |
Airbus A321-100 | 2 | — | 8 | 192 | 200 | |
Airbus A321-200 | 14 | — | 12 — |
192 216 |
204 216 |
|
Boeing 737-800 | 1 | — | 8 | 156 | 164 | |
Total | 23 | — |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.