Serie de 58 cadros de Picasso From Wikipedia, the free encyclopedia
As Meninas é unha serie de 58 cadros que Pablo Picasso pintou en 1957 facendo unha análise polo miúdo, reinterpretando e recreando varias veces As Meninas de Diego Velázquez. A suite consérvase na súa totalidade no Museo Picasso de Barcelona,[1] sendo a única serie completa o artista que se conserva xunta. Trátase dun estudo de obra moi extenso, que consta de 45 interpretacións, 9 escenes dun pombeiro, 3 paisaxes e 1 Retrato de Jacqueline.[2]
As Meninas | |
---|---|
Artista | Pablo Picasso |
Data | 1957 |
Técnica | Pintura ó óleo |
Dimensións | 194 cm × 260 cm |
Localización | Museo Picasso (Barcelona) |
O propio Picasso concibía a serie toda coma un conxunto, e como tal doouna ó museo barcelonés en maio de 1968, en lembranza de Jaume Sabartés, morto ese mesmo ano. É famosa a frase de Picasso dita a Sabartés en 1950:[3]
Se alguén se puxer a copiar As Meninas, totalmente con boa fe, ao chegar a certo punto e se o que as copiar for eu, diría: E se puxer esta un pouquiño máis á dereita ou á esquerda? Eu probaría a facelo á miña maneira, esquecéndome de Velázquez.Picasso, 1950
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.