Apataki é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Arutua. Xeograficamente forma parte das illas Palliser. Está situado a 19 km ao leste de Arutua e a 370 km ao nordés de Tahití.

Máis información Apataki, Datos ...
Apataki
Atol
Datos
PaísFrancia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007)492 hab.
Superficie20 km²
Superficie lagoa706 km²
Nº de illas
Coordenadas15°27′S 146°19′O
Maior Altura
Localización
Localización do atol
Pechar

Xeografía

Ten unhas dimensións de 64 km de longo e 47 km de ancho, cunha superficie total, incluída a lagoa, de 703 km². O atol dispón de dous pasos ao interior da lagoa: Aimonu ao noroeste e Haniuru ao suroeste.

A vila principal é Niutahi situada no noroeste xunto ao paso de Aimonu e cun aeródromo preto da vila. Os 429 habitantes (censo de 2002) viven da produción de perlas, da pesca e o cultivo de copra e nono (froito tropical de nome científicoMorinda citrifolia).

Historia

Foi descuberto a noite do 21 de maio de 1722 por Jacob Roggeveen que a chamou Avondstond ('noite'). Outro nome histórico do atol é Hagenmeister.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.