From Wikipedia, the free encyclopedia
Apache foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 como versión mellorada do Cajun. Entre as melloras incluíanse o uso de poliuretano aluminizado como propelente e o uso dun recubrimento fenólico na tobeira de aceiro.[1]
Apache | |
---|---|
país de orixe | Estados Unidos[1] |
Tamaño | |
altura | 4 m[1] |
diámetro | 0,17 m[1] |
masa | 100 kg[1] |
Etapas | 1[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aínda que podía ser usado en solitario, como foguete sonda dunha soa etapa, o habitual era que fose usado cunha etapa propulsora adicional, normalmente un Nike.[1]
O Asp Apache consistiu nun foguete sonda cunha primeira etapa Asp e unha segunda etapa Apache, chegando a alcanzar 120 km de altura. Só se lanzou un modelo, o 15 de novembro de 1961.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.