Remove ads
pintor, actor e director de teatro galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Anxo López Baranga, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1956, é un pintor, actor e director de teatro galego. Vive en Barcelona desde 1979.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Córgomo, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor, actor, director teatral |
Obra | |
Obras destacables | |
Diplomado pola Escola Massana de Barcelona e La Llotja (Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona). Foi autor das ilustracións de dous libros de J.A.M.[1] e ten colaborado en publicacións de Galicia como A Nosa Terra, Escrita, Alborada, ou Treboada. Participou na creación dos fanzines Microbius (1979), Kanalla (1993) e Catalizador (2009).
É cofundador e director de grupos teatrais en Barcelona como Terceiro Andar (1980) no Centro Galego de Barcelona, Canalla (1993), Furafollas Agrupación Teatral (2001) e AUGATEBA (Aula Universitaria Galega de Teatro de Barcelona dirixida por Camilo Valdehorras), así como o FDG Teatro na súa parroquia natal (2001).[2] Foi membro do Institut de Experimentació Teatral da Universidade de Barcelona, dirixido por Ricard Salvat e participa no Festival de Tardor de Barcelona (1990 e 1991).
Como pintor, con estudo no barrio barcelonés do Raval, simultanea a creación dunha obra persoal co activismo social desde a cultura, como se demostra no seu interese por activar unha arte popular e baseada na conciencia da diferenzas étnicas e lingüísticas no programa Catalizador (2009), que se desenvolveu desde a galería La Xina A.R.T., do fonsagradino Benxamín Álvarez,[3] e coas actividades para a recuperación da obra de Florencio Delgado Gurriarán (FDG) en Córgomo como as Xornadas Teatrais FDG de Córgomo (2001-2009), murais nas casas da parroquia e a defensa da candidatura de Delgado Gurriarán para dedicarlle o Día das Letras Galegas.[4][5]
Organizou obradoiros de banda deseñada, debuxo e pintura en diferentes escolas de primaria e secundaria en colaboración co Proxecto Galauda. En 2017, xunto co artista Jaume Muelas, crea o espazo artístico ArtefactoRoig.
Participou de maneira activa en numerosas accións e agrupacións a prol dunha cultura galega crítica desenvolvida en Cataluña, como a Plataforma Nunca máis de Cataluña,[6] Asemblea Cultural Galega en Barcelona (ACGB).[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.