numismático e arqueólogo español From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Vives y Escudero, nado o 4 de febreiro de 1859 en Madrid e finado o 19 de maio de 1925 na mesma cidade, foi un numismático, arqueólogo e arabista español de orixe menorquina. Foi académico da Real Academia da Historia e reuniu unha das mellores coleccións de obxectos arqueolóxicos de España.[2][3][4][5][6]
Antonio Vives y Escudero Ca. 1920) Fotografía de Franzen, Hauser & Menet. [1] | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1859 Madrid, España |
Morte | 19 de maio de 1925 (66 anos) Madrid. España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española. |
Educación | Escola Superior de Diplomática de Madrid. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | profesor universitario, numismático, arabista, historiador, arqueólogo, escritor |
Empregador | Universidade de Madrid |
Membro de | |
Alumnos | Cayetano de Mergelina Luna |
Influencias en | |
Familia | |
Cónxuxe | Concepción Segura Roselló (1900) |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Vives Escudero (Antonio), p.483) |
Membro da Real Academia da Historia |
En 1900 casou coa actriz e cantante de zarzuela Concepción Segura Roselló.[3][7]
Antonio Vives y Escudero naceu en Madrid, fillo de Sebastián Vives Batlle e Anna Escudero Vinent, unha familia procedente de Menorca que rexentaba en Madrid a confeitaría La Mahonesa. Na súa primeira infancia, a familia volveu a Maó, onde Antonio cursou o seu ensino secundario. Nesta época de xuventude naceu o seu interese pola arqueoloxía e a numismática, por mor das excursións que facía por Menorca, nas que recollía moedas e outros obxectos que despois clasificaba.[3][2]
Concluído o bacharelato no Instituto de Maó en 1875, volveu a Madrid para estudar Medicina, aínda que axiña abandonou estes estudos. Despois dun proxecto comercial frustrado na Habana, matriculouse en 1890 na Escola Superior de Diplomática de Madrid, onte acadou o título de arquiveiro, bibliotecario e arqueólogo.[3][8]
De camiño comezou a súa dedicación á investigación e as súas primeiras publicacións, sobre temas diversos, como a numismática e a arte arábigas, a moeda castelá, a reforma monetaria dos Reis Católicos ou a moeda da idade de bronce.[3]
Paralelamente ás súas primeira publicacións, levou a cabo a catalogación de diversos achados monetarios e encomendóuselle o tomo relativo ás Illas Baleares da serie Catálogo Artístico y Monumental de España, que non chegou a saír á luz. O 20 de xaneiro de 1905 foi designado polo rei Afonso XIII para a elaboración do Inventario de los Monumentos Artísticos de España, Provincia de Baleares. Mais foi a partir da publicación en 1926 de La moneda hispánica, cando comezou a ser considerado como un estudoso de prestixio no ámbito numismático.[3][9]
Ese recoñecemento levouno a relacionarse con outros investigadores e coas grandes institucións científicas de España, como o Museo Arqueolóxico Nacional ou a Real Academia da Historia, que lle achegaron aos seus estudos posteriores unha perspectiva máis científica. E ao mesmo tempo, coñeceu relevantes coleccionistas e anticuarios e comerciantes mediante os cales perfeccionou a súa colección de moedas e obxectos artísticos e arqueolóxicos, que iniciara xa desde neno.[3][9] Vives y Escudero está considerado un dos pais da numismática española moderna, xunto con Francisco Bermúdez de Sotomayor, Juan de Dios de la Rada e Antonio Delgado y Hernández, entre outros.[10]
Tamén se dedicou nesa etapa a taxar obras de arte, tanto de xeito privado como no seo de institucións como o Instituto Valencia de Don Juan.[3]
A partir de 1903, Vives participou en numerosas escavacións arqueolóxicas na illa de Menorca, en Eivisa e noutros lugares do Mediterráneo.[3][11]
No ámbito docente, Vives y Escudero foi profesor de arte árabe no Ateneo de Madrid e na Escola de Estudos Árabes. Tamén impartiu docencia na Universidade Central de Madrid, onde en 1911 foi nomeado catedrático de Numismática e Epigrafía da Facultade de Filosofía e Letras.[12][13] Pola súa banda, a partir de 1904, Vives ingresou no Museo Arqueolóxico Nacional como arabista adscrito á súa sección de Numismática.[14] En 1922 foi nomeado director do Instituto Valencia de Don Juan.[3]
Entre outras institucións internacionais, Vives formou parte da Hispanic Society of America e do Instituto de Arqueoloxía de Berlín.[3]
Ao longo da súa vida, Antonio Vives dedicouse a coleccionar obxectos tan diversos como pinturas, gravados, estatuas, mostras epigráficas, vidros, cerámica, bronces iberoromanos e, sobre todo, moedas antigas de Hispania e moeda árabe.[3][16]
Hoxe a súa colección atópase esparexida por diferentes centros e espazos museísticos. A súa familia doou gran parte do seu legado ao municipio de Maó, que logo llo traspasou ao Museo de Menorca en 1946 e en 2015.[3][16]
Os principais núcleos da súa colección consérvanse no Museo de Menorca, no Museo Arqueolóxico Nacional de España e na Hispanic Society of America, en Nova York.[3][16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.