triatleta galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Serrat Seoane, nado en Vigo o 24 de xaneiro de 1995, é un triatleta galego. Gañou a medalla de bronce no Campionato Europeo de Tríatlon de 2021 e a de prata no Campionato Europeo de Tríatlon de Velocidade do mesmo ano, e competiu nos Xogos Olímpicos de 2024.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1995 (29 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | triatleta |
Deporte | tríatlon |
Comezou a destacar no tríatlon e no dúatlon dende neno. Así, en 2009 proclamouse campión galego infantil de tríatlon,[1] en 2011 campión galego cadete de dúatlon e subcampión de España cadete de tríatlon, e en 2013 campión galego júnior de tríatlon e subcampión de España júnior de dúatlon.[2][3][4]
Ademais comezou a competir internacionalmente en categorías inferiores e no 2014 proclamouse en Pontevedra campión do mundo de relevos mixtos e subcampión do mundo de dúatlon (por detrás de Jacob Birtwhistle e por diante de Gustav Iden,[5][6] en ambos casos na categoría júnior, nun ano no que foi ademais subcampión de España e de Europa júnior de tríatlon (só superado no certame europeo polo francés Raphaël Montoya).[7][8][9]
Tamén en 2014 disputou as súas primeiras competicións internacionais en categoría absoluta e no 2015 quedou segundo nunha proba da Copa de Europa disputada en Melilla, por detrás de Gordon Benson e por diante de Uxío Abuín.[10][11] En 2016 quedou de novo segundo noutra proba da Copa de Europa, esta vez en Madrid, onde foi superado só polo noruegués Kristian Blummenfelt, futuro campión olímpico, e onde logrou quedar por diante de nomes como Uxío Abuín, Gustav Iden ou Iván Raña.[12] Ademais foi campión de Galicia de campo a través sub-23 en 2015, 2016 e 2017.[13]
No ano 2017 conseguiu subir ao podio por primeira vez nunha proba da Copa do Mundo. Foi na cidade chinesa de Weihai, onde rematou terceiro por detŕas de Abuín e Rodrigo González.[14] Ao ano seginte disputou os Xogos Mediterráneos en Tarragona, onde conseguiu a medalla de prata, sendo o ouro para o portugués João José Pereira.[15] Ese mesmo ano proclamouse campión galego de tríatlon de velocidade e volveu subir ao podio na Copa do Mundo en Weihai, onde quedou segundo por detrás de Gustav Iden e por diante do futuro campión olímpico e do mundo Alex Yee.[16][17] En 2019 proclamouse campión de Galicia absoluto de campo a través, despois dunha dura loita con Manuel Hurtado.[18]
No 2020 proclamouse subcampión de España de tríatlon de velocidade, só por detrás de Fernando Alarza,[19] e ao ano seguinte quedou tamén segundo no Campionato Europeo da mesma modalidade en Kitzbühel, onde acabou a seis segundos do campión, o suízo Max Studer.[20] En xuño de 2021 foi elixido pola Federación Española como suplente dos tres triatletas seleccionados para representar a España nos Xogos Olímpicos de Toquio: Javier Gómez Noya, Mario Mola e Fernando Alarza.[21] En setembro participou no Campionato Europeo de Tríatlon en Valencia, conseguindo o terceiro posto, só por detrás de Dorian Coninx e Roberto Sánchez Mantecón.[22]
En París 2024 converteuse no terceiro triatleta galego en participar nuns Xogos Olímpicos, despois de Iván Raña, Xavier Gómez Noya e Pilar Hidalgo. Tralo adiamento da proba masculina de tríatlon pola mala calidade da auga do río Sena, esta disputouse finalmente o 31 de xullo.[23] A mala actuación de Serrat no sector de natación lastrou o resto da súa proba, e aínda que remontou posicións na bicicleta e na carreira a pé, só puido chegar á meta na 32ª posición, a máis de cinco minutos do vencedor, o británico Alex Yee.[24] Seis días despois disputou tamén a proba de remudas mixtas, xunto a Alberto González, Anna Godoy e Míriam Casillas. O equipo rematou noveno despois de dúas penalizacións.[25]
Campionato Europeo | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
2021 | Valencia | Bronce | Individual |
Campionato Europeo | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
2021 | Kitzbühel | Prata | Individual |
Xogos Mediterráneos | |||
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
2018 | Tarragona | Prata | Individual |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.