Antonio Ramírez de Haro

From Wikipedia, the free encyclopedia

Antonio Ramírez de Haro, nado a finais do século XV en Villaescusa de Haro e finado o 16 de setembro de 1549 en Burgos, foi un nobre e bispo castelán que pertenceu ao Consello Real de Carlos I de España. Foi capelán maior da Infanta Leonor de Austria, que despois sería raíña de Portugal e Francia. Tamén ostentou dignidades eclesiásticas de importancia, dirixindo entre outras a diocese de Ourense entre os anos 1537 e 1539.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Antonio Ramírez de Haro
Biografía
Nacementoséculo XV
Villaescusa de Haro (Coroa de Castela)
Morte16 de setembro de 1549
Burgos, España
Lugar de sepulturaHospital del Rey (en)
Roman Catholic Bishop of Segovia (en)
6 de agosto de 1543 
 Diego Ribera de Toledo (pt) Gaspar de Zúñiga y Avellaneda (pt)  
Diocese: Diocese de Segóvia (pt)
Roman Catholic Bishop of Calahorra and La Calzada (en)
27 de xuño de 1541 
 Alonso de Castilla Zúniga (en) Juan Yañez (en)  
Bispo de Cidade Rodrigo
18 de agosto de 1539 
 Pedro Pacheco de Villena (pt) Francisco de Navarra y Hualde (pt)  
Bispo de Ourense
11 de xullo de 1537 
 Rodrigo Mendoza Manrique (en) Fernando Niño 
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
EducaciónUniversidade de Salamanca
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1537–), sacerdote católico
ConsagraciónFrancesco Mendoza
Familia
ParentesDiego Ramírez de Fuenleal
Pechar

Traxectoria

Estudou na Universidade de Salamanca integrado no Colexio Maior de Cuenca, fundado polo seu tío Diego Ramírez de Fuenleal bispo de Astorga, Cuenca e Málaga. Pronto alcanzou os cargos de arcediago de Huete, abade de Santa María de Arbas e capelán maior de Leonor de Austria, por aquel entón infanta de Castela.

O rei Carlos I de España nomeouno inquisidor e comisario apostólico na cidade e Reino de Valencia e no Principado de Cataluña para vixiar a reconversión dos mouriscos. Satisfeito pola súa labor o rei nomeouno Bispo da diocese de Ourense, posto que ostentou ata 1539, cando pasou á de Ciudad Rodrigo, e posteriormente ás de Calahorra e Segovia, posto no que exerceu ata a súa morte en 1549.

Máis información Dignidades da Igrexa católica ...
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Rodrigo Mendoza Manrique
 Bispo de Ourense 
1537 - 1539
Sucesor:
Fernando Niño de Guevara
Predecesor:
Pedro Pacheco Ladrón de Guevara
 Bispo de Ciudad Rodrigo 
1939 - 1941
Sucesor:
Francisco de Navarra y Hualde
Predecesor:
Alonso de Castilla y Zúñiga
 Bispo de Calahorra 
941 - 1943
Sucesor:
Juan Yanes
Predecesor:
Diego Ribera de Toledo
 Bispo de Segovia 
1943 - 1949
Sucesor:
Gaspar de Zúñiga y Avellaneda
Pechar

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.