bombeiro, futbolista e boxeador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Peinado García, máis coñecido como Mella, nado na Coruña c. 1894 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1959, foi un futbolista, boxeador, bombeiro e sindicalista galego.
Mella | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio Peinado García | ||
Nacemento | c. 1894 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 27 de novembro de 1959 | ||
Lugar de falecemento | A Coruña | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1914 | Deportivo da Coruña | ||
1914–1918 | Deportivo Auténtico | ||
1918–1927 | Deportivo da Coruña | ||
1927–1928 | Olímpico FC | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Debutou na dianteira do Deportivo da Coruña o 30 de agosto de 1914, no primeiro dos dous partidos que os futbolistas do club xogaron contra o Real Club Coruña sen permiso da directiva e que provocaron a posterior escisión chamada Deportivo Auténtico.[1] Militou na escisión durante os seus catro anos de existencia, disputando o Campionato de Galicia, e volveu ao Deportivo trala reunificación de 1918. Xogou no Deportivo nove anos máis, proclamándose campión galego na tempada 1926/27, aínda que os últimos anos pasounos como suplente. En abril de 1926 xogou un partido de cuartos de final da Copa do Rei, contra o Real Unión no estadio de Amute en Hondarribia. En 1927 pasou ao Olímpico FC (antigo Racing Orillamar), co que disputou a Serie B do Campionato de Galicia.
Posteriormente foi boxeador, derrotando entre outros a Eladio Cabaco ou Vázquez, e gañando o título de campión galego do peso wélter.[2][3][4]
Bombeiro de profesión e de ideoloxía socialista, foi delegado da Federación Local de UXT e membro da Federación de Colectividades Socialistas.[5][6] Coa chegada do franquismo foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a doce anos de prisión.[7] Faleceu na Coruña o 27 de novembro de 1959, aos 65 anos, [4]
Deportivo da Coruña
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.