Antonio José Ruíz de Padrón, nado en San Sebastián de la Gomera o 9 de novembro de 1757 e finado en Vilamartín de Valdeorras o 8 de setembro de 1823, foi un sacerdote, ilustrado e liberal, e deputado nas Cortes de Cádiz.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaAntonio Ruíz de Padrón
Nome orixinal(es) Antonio José Ruiz de Padrón Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1757 Editar o valor en Wikidata
San Sebastián de la Gomera, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1823 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Vilamartín de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Deputado
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1101756 BUSC: ruiz-de-padron-antonio-jose-1757-1823
Pechar

Traxectoria

Naceu na illa de La Gomera, nas Canarias. Profesou como monxe franciscano en La Laguna, en Tenerife.

En 1784 embarcou con destino a América, pasando primeiro a Cuba e logo, a consecuencia dunha tormenta mariña, chegou aos nacentes Estados Unidos de América, en concreto a Filadelfia, onde tratou con dous grandes ilustrados: Benjamin Franklin e George Washington. Durante a súa estadía norteamericana escribiu unha primeira alegación contra a Inquisición española.

De volta a España, e logo de secularizarse, gañou por concurso o curato da parroquia leonesa de Quintanilla de Somoza, dependente do bispado de Astorga, que tivo a cargo entre 1802 e 1807. Nese ano último pasou a ser abade da parroquia galega de Vilamartín de Valdeorras, dependente tamén de Astorga, e que gañou igualmente por concurso.

En plena Guerra de Independencia, Ruíz de Padrón foi elixido, en 1811, deputado para as Cortes de Cádiz polas Illas Canarias. Padrón, que vivía en Vilamartín, alcanzou desde aí Portugal, país que atravesou ata chegar á urbe gaditana. Alí distinguiuse polos seus discursos contra o Voto de Santiago (12 de outubro de 1812) e en favor da supresión da Inquisición española (28 de xaneiro de 1813). Esta actitude súa, chocou coa de boa parte dos deputados da Galiza, especialmente o bispo de Ourense.

Finalizada a guerra e volto Fernando VII, que restaurou o absolutismo, Ruíz de Padrón foi sometido a proceso perante o Tribunal Eclesiástico de Astorga, a instancias do bispo da diocese. Porén, foi absolto.

Durante o Trienio liberal, volveu ser elixido deputado, mais esta vez polo distrito do Reino de Galiza, actuando como tal entre o 1 de xullo de 1820 e o 14 de febreiro de 1822. Cando faleceu, en Vilamartín de Valdeorras estaba promocionado a mestrescola da catedral de Málaga.

Véxase tamén

Bibliografía

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.