futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Giráldez Rodríguez, nado no Porriño o 15 de xaneiro de 1943, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro.
Antonio Giráldez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio Giráldez Rodríguez | ||
Nacemento | 15 de xaneiro de 1943 | ||
Lugar de nacemento | O Porriño | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
–1961 | Zeltia | ||
1961–1970 | Deportivo da Coruña | 16 | (0) |
1962–1963 | → Racing de Ferrol (cedido) | ||
1966–1967 | → Langreo (cedido) | 20 | (0) |
1970–1977 | Langreo | 61 | (0) |
1977–1978 | Porriño | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Chegou ao Deportivo da Coruña con 18 anos, no verán de 1961, procedente do Zeltia.[1] Tras non participar co equipo en toda a tempada marchou cedido ao ano seguinte ao Racing de Ferrol xunto a Guillermo e José Ramón Lamelo.[2] Nas tempadas 1963/64 e 1964/65 xogou no Fabril e na 1965/66 foi suplente de Joanet no primeiro equipo, que acabou ascendendo á Primeira División.
En novembro de 1966 marchou cedido ata o final de tempada ao Langreo, de Segunda División, onde xogaban cedidos tamén os seus compañeiros do Fabril, Cholo e Guitián.[3] Na tempada 1967–68 volveu ser o suplente de Joanet no Deportivo, de novo en Segunda, disputando 12 partidos. Ese ano foron campións e ascenderon outra vez a Primeira División.
Na tempada 1968–69 debutou en Primeira División o 29 de setembro de 1968, nunha derrota contra o RCD Espanyol (4–0). Esa campaña participou en 2 partidos, sendo o terceiro porteiro por detrás de Joanet e Andrés Mendieta. Na tempada 1969–70 non participou en ningún partido, descendendo o equipo a Segunda División ao remate do campionato.
Na tempada 1970–71 volveu ao Langreo, esta vez en propiedade.[4] No equipo asturiano fíxose co posto de porteiro titular, xogando un total de sete campañas, as dúas primeiras na Segunda División. En 1977 volveu ao Porriño, onde xogou unha tempada antes da súa retirada.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.