Os contraceptivos orais, máis coñecidos como pílulas anticonceptivas ou, sinxelamente, a pílula, é un método contraceptivo feminino que consta dunha pastilla que contén hormonas sexuais femininas, unha combinación de estróxenos (estradiol) e proxestáxeno (proxesterona). Cando se toman por vía oral diariamente, estas pílulas inhiben a fertilidade feminina. A súa eficacia depende dos estudos realizados, e pode oscilar entre o 0,3 e 8 embarazos/muller/ano.
As pílulas foron inicialmente aprobadas para uso anticonceptivo nos Estados Unidos en 1960, e son unha forma moi popular de control da natalidade. Son usadas no presente por máis de 100 millóns de mulleres en todo o mundo e case 12 millóns de mulleres só nos Estados Unidos.[1] O seu uso varía enormemente segundo o país,[2] a idade, a escolaridade e o estado civil. Un terzo das mulleres entre 16-49 anos no Reino Unido utilizan a pílula que só contén o proxestáxeno ou a pílula combinada.[3][4]
As dúas formas de pílula están na Lista de Medicamentos Esenciais da Organización Mundial da Saúde, os medicamentos máis importantes, necesarios nun sistema básico de saúde.[5] A pílula foi un catalizador para a revolución sexual.[6] Os historiadores acreditan a pílula como o contraceptivo máis importante na transferencia de poder sobre os dereitos reproductivos dos homens para as mulleres.[7]
As pílulas anticonceptivas non protexen contra as doenzas de transmisión sexual como o VIH (SIDA), Chlamydia, herpes xenital, gonorrea, hepatite B ou sífilis). Se se desexa unha protección contra as infeccións de transmisión sexual é preciso empregar o preservativo ou o preservativo feminino.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.