From Wikipedia, the free encyclopedia
António Rosa Damásio, nado en Lisboa en 1944, é profesor catedrático de Neurociencia na Universidade do Sur de California, onde é cabeza do Brain and Creativity Institute e profesor adxunto do Salk Institute. Anteriormente, en 2005, Damásio foi Profesor catedrático de Neurobioloxía da University of Iowa Hospitals and Clinics. A súa carreira en Iowa deuse na época de 1976–2005. Alén de ser un investigador famoso en varias áreas da neuroloxía e neurociencia, é o autor de best-séllers que describen o seu pensamento científico.
Licenciouse e doutorouse en Medicina na Universidade de Lisboa. Despois dunha estadía no Centro de Investigación da Afasia de Boston regresou ó Departamento de Neuroloxía do Hospital Universitario de Lisboa. Tal como a súa muller Hanna Damásio, foi profesor na Universidade Central de Medicina de Iowa, nos EUA, onde ocupou a cátedra M.W. Van Allen. Actualmente[cando?] ocupa a cátedra David Dornsife, no Brain and Creativity Institute, Universidade do Sur de California
Como investigador e científico, o principal interese de Damásio é a neurobioloxía da mente, especialmente dos sistemas neurais que sustentan a memoria, a linguaxe, a emoción, a toma de decisións e a consciencia. A contribución máis significativa de Damásio até hoxe foi a demostración de que as emocións desempeñan un papel crítico na cognición de alto nivel, unha idea que contraria as visións dominantes do século XX no foro da psicoloxía, neurociencia e filosofía.
Demostrou que as emocións e as súas subestruturas biolóxicas:
Esta idea inspirou moitos experimentos na área da neurociencia de sistemas. Estes experimentos están a ser levados a cabo en laboratorios nos Estados Unidos e Europa. Esta idea tivo tamén un alto impacto na ciencia e filosofía contemporáneas. Discútese frecuentemente en traballos experimentais e teóricos e a súa importancia pode ser medida polo feito de que Damásio foi un dos investigadores máis citados da década de 2000, comprobado por datos do Institute of Scientific Information. Damásio formulou a hipótese dos marcadores somáticos, que capta a esencia destas ideas. Moito do traballo actual en bioloxía das decisións morais, neuro-economía, comunicación social e adicción a drogas foi fortemente influenciado pola hipótese de Damásio.
Propuxo tamén que as emocións son parte da regulación homeostática e que se encontran enraizadas en mecanismos de recompensa/punición. O científico tamén recuperou a perspectiva de James acerca dos sentimentos como unha tradución dos estados corporais, e expandiuna como un "loop" informático "as-if" -corpo que permite que os substratos dos sentimentos poidan ser tamén simulados e non só físicos. Deste modo, presaxiou o proceso de simulación máis tarde identificado a través de neuronas espello. Demostrou tamén que o córtex insular é unha plataforma esencial para os sentimentos, un descubrimento que foi amplamente confirmado, e identificou tamén lugares de indución cortical e subcortical das emocións humanas, ex: no córtex prefrontal ventromedial e na amígdala. Observou o comportamento en doentes con lesións no córtex prefrontal, concluíndo que, aínda que a capacidade intelectual se mantivese intacta, eses doentes presentaban cambios constantes do comportamento social e incapacidade de estabelecer e respectar regras sociais.
Noutra ocasión, Damásio propuxo que a arquitectura cortical, da cal dependen a aprendizaxe e a invocación, envolve múltiples "loops" de proxeccións axonais xerarquicamente organizadas e que converxen en nodos (nós) específicos, fóra dos cales as proxeccións diverxen en dirección aos puntos de orixe de converxencia - a estrutura base ou esqueleto de converxencia-diverxencia. Esta arquitectura pódese aplicar á comprensión de procesos de memoria e á comprensión de aspectos do estado consciente, relacionados co acceso a contidos da mente.
A investigación de Damásio depende en gran medida do método de lesións humanas moderno, un feito que foi posíbel polo traballo da súa muller Hanna Damásio na área da neuroimaxioloxía/neuroanatomía estrutural e complementado por avances na neuroanatomía experimental (Gary Van Hoesen, Josef Parvizi), na neuropsicoloxía experimental (Antoine Bechara, Ralph Adolphs, Dan Tranel) e na neuroimaxioloxía funcional (Kaspar Meyer, Jonas Kaplan, Mary Helen Immordino-Yang).
Como médico, Damásio e os seus colaboradores estudaran e trataran desordes do comportamento, da cognición e do movemento.
Os libros de Damásio enfocan a relación entre as emocións e sentimentos, e procuran as súas bases no cerebro. A súa visión de 1994 exprésase no libro O Erro de Descartes: a emoción, a razón e o cerebro humano, gañou o premio Science et Vie, foi finalista do Book Award do Los Angeles Times Book Award e foi traducida en máis de 30 linguas. Considérase como un dos libros de maior influencia das décadas de 1990/2000. O seu segundo libro, O Sentimento de Si: o corpo e a emoción na formación do estado consciente, foi aclamado como un dos 10 mellores libros e 2001 polo New York Times Book Review, polo Publishers Weekly Best Book of the Year, polo Library Journal Best Book of the Year, e posúe máis de 30 edicións estranxeiras. O libro En Busca de Espinoza: alegria, pesar, e o cérebro que sente, publicouse en 2003. Nese libro, Damásio suxere que o pensamento de Espinoza presaxiou os descubrimentos da bioloxía e da neurociencia sobre o problema mente-corpo. Espinoza foi entón considerado un protobioloxista. O seu libro máis recente é O Libro da Consciencia: construíndo o cerebro consciente (a versión portuguesa do libro é unha homenaxe ao libro de título homónimo do poeta portugués Fernando Pessoa). Nese libro, Damásio suxire que o "eu" é a chave para as mentes conscientes e que os sentimentos, desde aqueles que o autor designa como primordiais até aos sentimentos máis familiares presentes nas emocións, son os elementos básicos na construción do "proto-si" e do "si básico".
Damásio é membro da American Academy of Arts and Sciences, do National Academy of Sciences Institute of Medicine, e da European Academy of Sciences and Arts. Damásio recibiu moitos premios incluíndo o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, o Premio Pessoa, a medalla Ariëns Kappers para a neurociencia, a medalla Beaumont da American Medical Association, o Premio Nonino, o Premio Reenpaa en neurociencia e máis recentemente o Premio Honda.
O seu traballo actual lida coas emocións sociais, o estado consciente e a interface creativa entre neurociencias e a arte, especialmente a música e o cinema.
Os seus estudos versan sobre a área designada como ciencia cognitiva, e foron decisivos para o coñecemento das bases cerebrais da linguaxe e da memoria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.