bispo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo Ansur (tamén chamado Aduri, Asuri ou Isauri), finado no ano 925 foi bispo de Ourense entre o ano 915 e o 922. A súa festa litúrxica é o 26 de xaneiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Galicia, España |
Morte | 925 |
Bispo | |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de xaneiro |
En agosto do ano 922 renunciou ao cargo e marchou como monxe ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que axudou a fundar. Así fixeron outros oito bispos da época: Bimarasio de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo de Coímbra; Servando, Viliulfo e Paio, de Iria; e mais Afonso e Pedro de Astorga[1]. Todos finaron nese mosteiro, onde son venerados como os "Bispos santos".
Ansur foi sepultado no claustro do mosteiro, mais no século XV movéronse os restos mortais de todos eles ao retablo da igrexa do mosteiro. Hai constancia do seu culto dende o século XIII.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.