Ganso de bico curto

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ganso de bico curto

O ganso de bico curto[2] (Anser brachyrhynchus) é unha ave migratoria de tamaño mediano do grupo dos gansos auténticos, que pasa o inverno no noroeste de Europa e cría en Groenlandia, Islandia e Svalbard. A especie foi descrita por primeira vez en 1833 por François Baillon. É unhas das especies incluídas no Acordo para a protección das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Ganso de bico curto
Thumb


Estado de conservación
Thumb
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anserinae
Tribo: Anserini
Xénero: Anser
Especie: A. brachyrhynchus
Nome binomial
'Anser brachyrhynchus'
Baillon, 1834
Pechar

Descrición

É un ganso de entre 60 e 75 cm de longo, 135 a 170 cm de envergadura de ás e de 1.800 a 3.300 gramos de peso. Ten o bico curto, de cor rosa brillante coa punta e a base negras e as patas rosas. O corpo e gris acastañado, a cabeza e o pescozo son castaños escuros. A parte posterior do lombo é abrancazada e cola gris coa punta branca. A parte superior das cobertoiras das ás é azul agrisada pálida. O seu aspecto é moi semellante ó do ganso campestre (Anser fabalis), do que foi considerado unha subespecie, e do que se distingue principalmente pola cor dos pés, que son rosas e non alaranxados coma no ganso campestre, e pola parte central rosa do bico.

Voz

Son aves ruidosas, en especial cando voan, momento no que o ruído das bandadas pode ser enxordecedor. A súa voz e un trompeteo de ton alto. Cando se senten ameazados deixan ouvir un xeito de asubio.[3]

Distribución xeográfica

Esta especie adoita xuntarse con exemplares doutras especies durante as migracións. Os seus cuarteis de inverno principais están nas illas Británicas, Bélxica e nos Países Baixos, tamén nas zonas costeiras do norte de Alemaña e en Dinamarca. Son raros de ver nas terras interiores. As aves británicas crían en Groenlandia e Islandia (sobre todo no glaciar de Hofs-Jökull, mentres que os gansos continentais o fan en Svalbard. Exemplares errantes aparecen ocasionalmente no Quebec e Newfundland.[4]

A protección contra a caza nas zonas de invernada permitiu un forte crecemento das súas poboacións nas últimas décadas. En Gran Bretaña o número de invernantes pasou dos 30.000 de 1950 os 292.000 de 2004. En Dinamarca e os Países Baixos contábanse uns 34.000 exemplares en 1993.[5][6][7]

Hábitat

Thumb
Ganso de bico curto

Durante o inverno viven sobre todo en praderías, veigas de ríos e mesmo en prados de cultivo intensivo. Durante o verán forman colonias grandes en zonas de rochas pobres en vexetación, nas lameiras que deixan os glaciares ó se derreteren, en zonas húmidas, páramos e lagos. En Islandia aniñan tamén en zonas de lavas solidificadas. As illas fluviais véñenlles tamén a xeito, ofrecéndolles protección perante depredadores coma o raposo ártico.

Alimentación

A súa dieta é case exclusivamente vexetariana. Durante o verán aliméntase da vexetación da tundra ártica, tanto na auga como na terra firme. No inverno comen todo tipo de plantas e herbas, sen renunciar as producións agrícolas, e poden causar danos nas colleitas, aínda que tamén benefician determinados cultivos como os da pataca ou da remolacha, ó alimentarse dos restroballos que quedan despois da colleita, reducindo as posibilidades de transmisión de enfermidades das plantas.

Thumb
Vista de parte dun bando no inverno

Ecoloxía e reprodución

Thumb
Ovos de ganso de bico curto.
Anser brachyrhynchus

Os gansos de bico curto mudan as plumas a mediados de xullo, cando os parruliños novos levan xa de dúas a tres semanas fóra do ovo. Os adultos son daquela incapaces de voar durante uns 25 días.[8]

A época reprodutora comeza a primeiros de xuño, despois que os bandos se concentren nos seus lugares de cría a mediados de maio, onde forman colonias pouco compactas. As femias poñen entre 3 e 7 ovos brancos, nun niño elevado sobre o terreo e cubertos con penuxe. A incubación prolóngase durante unhas tres semanas e media. Os machos non chocan os ovos, aínda que vixían a niñada e á súa parella. Os gansos novos poden voar ós dous meses de saíren do ovo. Cando os adultos acaban de remudar as plumas, forman bandos cos gansos novos, que, a partir de finais de agosto, comezan a regresar ás zonas de invernada. Os gansos de bico curto adoitan empezar a criar cando teñen uns tres anos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.