Filme de 1982 dirixido por John Huston From Wikipedia, the free encyclopedia
Annie é un filme musical estadounidense adaptado a partir da obra homónima de Broadway. Foi dirixido por John Huston, escrito por Carol Sobieski, e protagonizado por Albert Finney, Carol Burnett, Ann Reinking, Tim Curry, Bernadette Peters, Geoffrey Holder, Edward Herrmann e Aileen Quinn.[4] Ambientada durante a Gran Depresión, o filme conta a historia de Annie, unha nena orfa da cidade de Nova York que é adoptada polo rico Oliver Warbucks. A rodaxe do filme levou seis semanas e fíxose en Nova Jersey.
Annie | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Annie |
Director | John Huston |
Produtor | Ray Stark |
Guión | Carol Sobieski |
Baseado en | Annie de Charles Strouse Martin Charnin Thomas Meehan |
Intérpretes |
|
Música | Charles Strouse Ralph Burns |
Fotografía | Richard Moore |
Montaxe | Michael A. Stevenson |
Estudio | Rastar |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 18 de xuño de 1982[1] |
Duración | 128 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $50 000 000 |
Recadación | $57 000 000[3] |
Filme seguinte | Annie: A Royal Adventure! |
Na rede | |
O filme, estreado o 18 de xuño de 1982, recibiu unha acollida dispar por parte da crítica e foi nomeado ó Oscar mellor deseño de produción e mellor canción e adaptación musical na 55ª edición dos Oscar.
Unha secuela chamada Annie: A Royal Adventure! foi estreada en 1995. Na súa primeira colaboración cinematográfica, Disney e Columbia Pictures produciron unha versión televisiva en 1999. Columbia estreou unha adaptación contemporánea o 19 de decembro de 2014.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.