From Wikipedia, the free encyclopedia
Andréi Nikolayevich Túpolev (en ruso: Андрей Николаевич Туполев),[1] nado en Pustomázovo, Óblast de Tver, no 29 de outubro de 1888, en finado en Moscova, no 23 de decembro de 1972, foi un deseñador e construtor de avións ruso.
Nome orixinal | (ru) Андрей Николаевич Туполев |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de outubro de 1888 (Xuliano) Pustomazovo, Rusia (en) |
Morte | 23 de decembro de 1972 (84 anos) Moscova, Rusia |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética | |
Datos persoais | |
Educación | Q28666742 (–1908) Universidade Técnica Estatal Bauman de Moscova (1908–1918) |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación, empresario, enxeñeiro, político, aviador |
Empregador | Tupolev TsAGI (pt) |
Partido político | político independente |
Membro de | |
Profesores | Nikolai Jukovsky (pt) |
Carreira militar | |
Lealdade | Unión Soviética |
Rango militar | coronel-general (pt) colonel general (en) |
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Obra | |
Doutorando | Q21857219 |
Familia | |
Fillos | Alexei Tupolev |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Туполев Андрей Николаевич) Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
A partir de 1929, foi un deseñador preeminente, cando traballou no Instituto Central de Aerohidrodinámica de Moscova (TsAGI), onde máis dun centenar de avións, principalmente bombardeiros, (entre eles o Tupolev Tu-26 e o Tupolev Tu-2) e avións de liña como o Tupolev Tu-134, o Tupolev Tu-154 e o supersónico Tupolev Tu-144.
Tupolev foi arrestado en 1937 xunto con outro famoso deseñador de avións, Vladimir Petliakov, acusado de crear un partido fascista. En 1939 foi trasladado a unha prisión de Bolxevo nas proximidades de Moscova, nun sharashka (campo especial), onde tamén foron presos varios dos seus colegas. Oficialmente foi condenado a dez anos, pero en 1944 foi posto en liberdade grazas aos "servizos prestados". No cárcere proporcionáronlle o necesario para "prestar servizos á Patria en perigo", principalmente servizos de enxeñería mecánica e aeronáutica.
A súa plena rehabilitación non chegou até unha década despois da morte de Stalin. Recibiu entre outras condecoracións e honras a Orde de Georgi Dimitrov, Orde Suvórov, Premio Lenin e Heroe do Traballo Socialista.
O seu fillo Alekséi Túpolev tamén foi un famoso deseñador de avións de liña, participando en proxectos como o Tupolev Tu-144.[2] Andrei morreu en Moscova de morte natural ao lado do seu neto Steffanov Tupolev, fillo do seu fillo Aleksei. Os seus restos repousan no cemiterio de Novodevichy. Steffanov Tupolev é actualmente piloto de probas e deseñador do Tu-334 e Tu-414, así como do avión de carga Tupolev Tu-330.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.