Ana Cela Trulock

profesora e tradutora española From Wikipedia, the free encyclopedia

Ana Cela Trulock, nada en Madrid o 1 de decembro de 1928 e finada o 4 de xaneiro de 2018, foi unha profesora e tradutora española.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ana Cela Trulock
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1928
Madrid, España
Morte4 de xaneiro de 2018 (89 anos)
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Actividade
Ocupacióntradutora, profesora
Familia
PaisCamilo Crisanto Cela Fernández   e Camila Manuela Trulock Bertorini
IrmánsCamilo José Cela
Pechar

Traxectoria

Filla de Camilo Crisanto Cela y Fernández e de Camila Emanuela Trulock Bertorini, foi a quinta de nove irmáns, entre eles o escritor Camilo José Cela.

Licenciouse en Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense de Madrid. Formou parte do Teatro Español Universitario. Seguiu un seminario de literatura francesa na Sorbona, e foi colaboradora do Seminario de lingüística da Real Academia Española, participando na realización do Diccionario Histórico del Español.

Foi profesora de lingua e literatura castelá en diversos centros de Madrid e Bélxica. Foi bolseira da Universidade Católica de Lovaina, onde participou no seminario de Literatura do Século XX e Cristianismo, dirixido por Charles Moeller. Foi codirectora do Centre Universitarie de dita universidade.

Traduciu do francés máis de vinte e cinco libros de diversos xéneros, sobre todo novela. Obtivo un accésit do Premio Fray Luis de León de tradución.

Practicou o baloncesto, balonmán e voleibol.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.