Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Amy Heckerling, nada en Nova York o 7 de maio de 1954, é unha directora de cinema estadounidense. Alumna da Universidade de Nova York e do American Film Institute, dirixiu filmes de éxito comercial como Fast Times at Ridgemont High, National Lampoon's European Vacation, Mira quen fala e Clueless.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1954 (70 anos) Bronx, Estados Unidos de América |
Educación | Escola de Artes Tisch da Universidade de Nova Iorque (pt) High School of Art and Design (en) AFI Conservatory (en) The Center for Early Education |
Actividade | |
Ocupación | actriz, escritora, produtora de televisión, guionista, directora de cinema, produtora, realizadora |
Período de actividade | 1977 - |
Familia | |
Cónxuxe | Neal Israel (1984–1984) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) The St. James women filmmakers encyclopedia (en) |
|
Heckerling recibiu a medalla Franklin J. Schaffner Alumni da AFI[1] polo seu talento creativo e logros artísticos.
Heckerling saíu co director Martin Brest cando marchou vivir aos Ánxeles. Aínda que posteriormente romperon a relación, continuaron a ser bos amigos. O primeiro matrimonio de Heckerling foi con David Brandt, entre 1981 e 1983. En 1984, Heckerling casou co director Neal Israel, do que se divorciou en 1990.[2][3] A filla da parella, Mollie Israel, naceu en 1985. A Mollie fixéronlle crer que Israel era o seu pai biolóxico ata 2004,[4] cando lle revelaron que de feito o seu pai biolóxico era Harold Ramis.[3] Heckerling incluíu a Mollie nalgúns dos seus filmes en pequenos papeis, aínda que afirma que a súa filla nunca quixo ser unha "girly girl" e distanciouse moito do seu traballo. A pesar diso, as dúas lévanse moi ben e Mollie adoita presentar á súa nai música nova, como OK Go, e filmes.[5] Mollie é cantante do grupo The Lost Patrol. Heckerling vive entre Os Ánxeles e Nova York.
Heckerling é unha das poucas mulleres que dirixiu múltiples filmes de éxtio comercial. Cando se lle preguntou polo feito de que só o 5% dos filmes están dirixidos por mulleres, Heckerling afirmou:
O actor e cómico Chris Kattan afirmou no seu libro de memorias de 2019 Baby, Don't Hurt Me: Stories and Scars from Saturday Night Live que Lorne Michaels lle metera presión para manter relacións sexuais con Heckerling a cambio de que ela dirixise o filme de 1998 A Night at the Roxbury (aínda que finalmente só o produciu).[8] A filla de Heckerling discute esta afirmación dicindo que, aínda que Heckerling e Kattan tiveron unha relación, foi cando o filme xa estaba rodado.[9]
Ano | Filme | Ocupación | Notas |
---|---|---|---|
1977 | Getting It Over With | Directora / Guionista | Curtametraxe, filme de tese do AFI |
1982 | Fast Times at Ridgemont High | Directora | |
1984 | Johnny Dangerously | Directora | |
1985 | National Lampoon's European Vacation | Directora | |
1986 | Fast Times | Produtora / Directora / Guionista | Serie de televisión baseada en Fast Times at Ridgemont High; directora e guionista de tres episodios |
1988 | Life on the Flipside | Produtora | Telefilme |
1989 | Mira quen fala | Directora / Guionista | |
1990 | Mira quen fala tamén | Directora / Guionista | Coescrito con Neal Israel |
1991-92 | Baby Talk | Cocreadora; Guionista | Serie de televisión (35 episodios) |
1993 | Look Who's Talking Now | Produtora | |
1995 | Clueless | Directora / Guionista / Produtora | |
1996-99 | Clueless | Creadora; Produtora / Directora / Guionista | Serie de televisión (62 episodios); produtora da primeira temporada; directora e guionista de catro episodios |
1998 | A Night at the Roxbury | Produtora | |
1999 | Molly | Produtora executiva | |
2000 | Loser | Directora / Guionista / Produtora | |
2005 | The Office | Directora | Serie de televisión; dirixiu o episodio "Hot Girl" |
2007 | I Could Never Be Your Woman | Directora / Guionista | |
2012 | Vamps | Directora / Guionista | |
2012 | Gossip Girl | Directora | Serie de televisión; dirixiu os episodios "Father and the Bride" e "Monstrous Ball" |
2015-17 | Red Oaks | Directora | Serie de televisión; dirixiu os episodios "Body Swap", "After Hours", "The Bris", "Independence Day", "Samwich" e "A Little Business Proposition" |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.