Amor cortés foi un concepto europeo medieval de actitudes, mitos e en definitiva unha etiqueta para enaltecer o amor, e que xerou varios xéneros de literatura medieval, incluíndo a novela.
Historia e características
Xurdiu nas cortes ducais e principescas das rexións de cultura occitana, onde se denominaba fin’amor, a finais do século XI. En esencia, o amor cortés era unha experiencia contraditoria entre o desexo erótico e a realización espiritual, "un amor ao mesmo tempo ilícito e moralmente elevado, paixonal e auto-disciplinado, humillante e exaltante, humano e transcendente".[1]
A expresión "amor cortés" foi popularizada por Gaston Paris en 1883,[Cómpre referencia] e desde entón ten caído so unha ampla variedade de definicións e usos, sendo mesmo considerado como unha ficción romántica do século XIX. A súa interpretación, orixes e influencia continúan a ser asunto de discusión.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.