From Wikipedia, the free encyclopedia
Amazon Alexa é un asistente virtual desenvolvido por Amazon, utilizado por primeira vez nos altofalantes intelixentes Amazon Echo e Amazon Echo Dot creados en Amazon Lab126. Conta coa capacidade de interactuar a través da voz, reproducir música, crear listas de tarefas pendentes, establecer alarmas, reproducir podcasts, reproducir audiolibros e prover información en tempo real do clima, tráfico e noticias entre outros. Alexa pode tamén controlar varios dispositivos intelixentes tomando o rol de sistema de automatización do fogar (domótica). Os usuarios poden estender as habilidades de Alexa instalando "skills" (funcionalidades adicionais desenvolvidas por terceiros) que se asemellan a "apps".
Información xeral | |
---|---|
Desenvolvedor | Amazon |
Lanzamento inicial | 2014 |
Xénero | asistente virtual |
Sistemas operativos | iOS e Android |
Plataforma | multiplataforma |
Licenza | propietario / freeware |
Linguas | inglés, francés, alemán e xaponés |
A maioría dos dispositivos que incorporan Alexa permiten aos usuarios activar o sistema utilizando unha palabra de activación (por exemplo Alexa ou Echo); outros dispositivos (como a app de Amazon Alexa para Android e iOS) requiren que o usuario prema un botón en pantalla para activar o modo escoita de Alexa. Actualmente a interacción e comunicación verbal de Alexa só está dispoñible en inglés, alemán, francés, castelán e xaponés.
Cara a setembro de 2017, Amazon contaba con máis de 5000 empregados traballando en Alexa e produtos relacionados e constitúe un foco moi importante da estratexia de novos produtos da empresa.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.