Alzira
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alzira é unha cidade da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta e capital da mesma, ten 44.440 habitantes (INE 2008) cunha área de influencia que excede os 250.000.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Ribera Alta | ||||
Capital de | |||||
Capital | Alzira | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 46.421 (2023) (420,48 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 110.400.000 m² | ||||
Bañado por | Río Xúcar | ||||
Altitude | 14 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Bernaldo de Alzira | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Diego Gómez García (pt) (2015–2023) Alfons Domínguez (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46600 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46017 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46017 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | alzira.es | ||||
O municipio de Alzira atópase entre os 14 e 20 metros sobre o nivel do mar, entre os meridianos 3º10' e 3º23' de lonxitude oeste e os paralelos 39º4' e 39º11'. A súa extensión é de 111,46 quilómetros cadrados, polo que é un dos máis extensos da provincia de Valencia. A distancia coa Cap i Casal é de 36 km.
Situado na súa maior parte na marxe dereita do río Xúcar ao que aflúen o río "dels Ulls" ou "Riu Verd" pola súa marxe esquerda e o barranco de Barxeta pola dereita, o río foi navegábel até Alzira por barcos de pequena tonelaxe, navegación que se mantivo ata o século XVI. O termo municipal está dividido en dous sectores, un de 83,24 km² e outro de 28,22 km², chamado La Garrofera, o cal áchase separado polos termos municipais de Massalavés, Benimuslem, Alberic e Benimodo, formando un enclave.
A superficie do termo é moi irregular, sendo completamente cha nas marxes do río Xúcar; cara ao sueste esténdense, paralelamente entre se, as serras de Corbera, a Murta e Lles Agulles, entre as que se desenvolven, os vales da Murta, a Casella e Aigües Vives, mentres que o sector da Garrofera está accidentado polas vertentes orientais da serra de Tous.
O clima é de tipo mediterráneo, cunha brusca transición do estiaxe estival ás abundantes choivas outonais, de tipo torrencial, que producen frecuentes inundacións
Accédese a esta cidade dende Valencia, a través da autoestrada A-7 e a autoestrada AP-7. Ten estación de ferrocarril (RENFE) da liña Valencia-Almansa, e integrada na liña de proximidades Valencia C2. Pódese acceder a Alzira en autobús interurbano desde Carcaixent, Algemesí, Cullera e Sueca.
Para os desprazamentos dentro da cidade, Alzira conta cun servizo de autobuses urbanos (AlziBus) de titularidade municipal cuxas tres liñas unen tódolos barrios coa estación de ferrocarril, o hospital da Ribera, centros de saúde, centros comerciais, centros de ensino etc.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.