Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alvinella pompejana, chamado verme de Pompeia, é unha especie de verme anélido poliqueto de augas profundas. É un extremófilo que se encontra só en fontes hidrotermais mariñas do océano Pacífico, descuberta a inicios da década de 1980 nos fondos das illas Galápagos por biólogos mariños franceses.
Alvinella pompejana | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Alvinella pompejana Desbruyères e Laubier, 1980 |
O verme de Pompeia recibe ese nome pola cidade de Pompeia do Imperio Romano, que foi destruída durante unha erupción volcánica do monte Vesubio no ano 79 d. C. O seu nome xenérico e de familia (Alvinella e Allvinellidae) derivan do nome do vehículo submerxible de grandes profundidades Alvin, que leva tres tripulantes e foi utilizado durante o descubrimento de chemineas hidrotermais e a súa fauna a finais da década de 1970. A familia Alvinellidae contén outras oito especies, en dous xéneros, pero ningunha é quen de igualar o límite de tolerancia á calor ao que chega A. pompejana.
En 1980 Daniel Desbruyères e Lucien Laubier, uns poucos anos despois do descubrimento do primeiro sistema de chemineas hidrotermais, identificaron un dos animais máis tolerantes á calor da Terra, Alvinella pompejana, o verme de Pompeia.[1] Foi descrito como un poliqueto de augas profundas que reside nos tubos próximos ás chemineas hidrotermais, do leito mariño. En 1997, o biólogo mariño Craig Cary e colegas atoparon os mesmos vermes nunha nova sección do océano Pacífico, preto de Costa Rica, tamén asociado ás chemineas hidrotermais. O novo descubrimento e os traballos seguintes supuxeron importantes progresos no coñecemento científico destes vermes especiais.[2]
Poden alcanzar os 13 cm de lonxitude e son grises claros, con branquias parecidas a tentáculos vermellos nas súas cabezas. Quizais o máis fascinante desta especie é que o extremo da súa cola está a miúdo exposto a temperaturas de ata 80 °C, mentres que a súa cabeza plumosa sobresae fóra dos tubo en auga que está proporcionalmente moito máis fría, a 22 °C.[3] Os científicos intentan comprender como o verme de Pompeia pode soportar temperaturas tan extremas estudando as bacterias que forman unha cuberta pelosa no seu dorso. Como vive nunha relación simbiótica coas bacterias, o verme segrega mucus por pequenas glándulas do seu dorso cos que alimenta as bacterias, e estás á súa vez, protéxenos con certo grao de illamento. As bacterias son quimiolitótrofas, contribuíndo á ecoloxía da comunidade do respiradoiro hidrotermal. Investigacións recentes suxiren que as bacterias poderían xogar tamén un importante papel na alimentación dos vermes.[4]
Estes vermes viven adheridos ás chemineas negras e prosperan a temperaturas constantes de 45 a 60 °C e mesmo de ata 105 °C durante un certo tempo,[3] o que fai que o verme de Pompeia sexa o animal complexo máis tolerante á calor coñecido pola ciencia despois dos tardígrados, que poden sobrevivir a temperaturas de 150 °C.
Alcanzan unha lonxitude de 13 cm, e teñen dorsos "peludos"; estes "pelos" son en realidade colonias de bacterias, como Nautilia profundicola, que se cre que lle dan ao verme certo grao de illamento da calor. As glándulas do dorso do verme segregan un mucus do cal se alimentan as bacterias, o que é unha forma de simbiose. Os vermes de Pompeia forman grandes colonias agregadas encerradas en delicados tubos finos como o papel.
Este verme ten unha cabeza con aspecto plumoso. As plumas son estruturas con forma de tentáculo, que son as branquias, coloreadas de vermello pola hemoglobina.
Aínda que non se sabe con exactitude como o verme de Pompeia pode sobrevivir nas severas condicións reinantes nos respiradoiros hidrotermais, sospéitase que a resposta está na capa de bacterias de aspecto peludo do dorso do animal; esta capa pode ser de ata 1 cm de grosor. As bacterias poden posuír proteínas especiais, "encimas euritérmicos", que proporcionan ás bacterias, e por extensión aos vermes, protección fronte a un amplo rango de temperaturas. As bacterias poden tamén proprocionar illamento térmico.[3] Os estudos están dificultados polas dificultades de tomar mostras; ata agora non se conseguiu que estes vermes sobrevivan á descompresión.
O estudo dos vermes de Pompeia e as súas bacterias simbióticas podería levar a significativos avances nas industrias bioquímica, farmacéutica, téxtil, papeleira e dos deterxentes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.