Almonacid de la Cuba
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Almonacid de la Cuba (en aragonés: Almonecir de la Cuba) é unha localidade e concello da comarca de Belchite na provincia de Zaragoza. Limita con Belchite, La Puebla de Albortón, Fuendetodos, Azuara, Letux e Lécera.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | Almonacid de la Cuba | |||
Poboación | ||||
Poboación | 227 (2023) (4,11 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 55,206425 km² | |||
Altitude | 488 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Gregorio Jalle Ruperez (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50133 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 50023 | |||
Páxina web | turismoalmonaciddelacuba.com |
O nome vén da cuba, a presa construída polos romanos no século I da era actual para o aproveitamento do río Aguas (ou río Aguasvivas) afluente do río Ebro e que se segue a empregar a día de hoxe, e sobre a que pasa a estrada CV-645.
O nome de Almonacid vén dun mosteiro da época visigótica, do latín MONASTERIUS a través do mozárabe, como o catalán monestir pero co paso de ST a Z como en Caesaragusta -> Zaragoza.
En fontes musulmás é mencionado como hisn al-Munastir (Al-Udri) ou hisn Bani Jattab (Yakut). En fontes cristiás aragonesas o nome tivo as variantes Almonacir, Almoneçir, Almoniçin e Almonazid. O alcume "de la Cuba" existe xa en 1383. En 1441 aparece Almonecir de la Cuba nun texto sobre unha controversia polos décimos. Sae no Fogache de 1495 como Almonecir de la Cuba.
Al Udri dá unhas informacións interesantes sobre hisn al-Munastir que permiten unha correcta identificación nun texto escrito en árabe:
Entre los districtos de Zaragoza ye lo districto de Balsar, a on se troba lo hisn al-Munastir, que se diz Sudd Bani Djattab. N'este districto bi ha una fuent que da augua en abundancia y tien una entibadera. Quan los habitadors quieren soltar l'augua, la sueltan y quan quieren entibar-la la entiban y no corre. Asinas lo disposoron los antigos y facioron correr l'augua a traviés d'una penya foradada pa entibar-la u fer-la correr. Ye a trenta millas de la ciudat de Zaragoza.
Yakut expón con brevidade que:
Crese que Almonacid de la Cuba foi conquistado en 1117/1118 por Afonso I de Aragón. Existen referencias escritas ao entibo do río dende 1163, na época do rei Afonso II de Aragón. Existiron dúas probas de expulsión da comunidade musulmá, a primeira, de Ximeno Cornel, que errou, e a segunda, de Pedro Férriz de Sesé, que puido poboar o lugar con cristiáns en 1323 (e mesmo, ata outros autores, antes de 1323).[1]
O monte do Lobo foi unha importante posición da artillaría Republicana durante a batalla de Belchite (1937, no marco da Guerra Civil Española). Está localizado a 2 km ao leste de Almonacid de la Cuba. As covas foron conservadas e están abertas para visitar.
A presa romana de Almonacid de la Cuba é a de maior altura de todo o Imperio Romano. Mide 120 de lonxitude, 34 de altura e 27 de anchura, cunha capacidade para 6 000 000 m³ de auga. Empregábase para fornecer auga á poboación e para uso agrícola nunhas 7.000 hectáreas.
Foi construída pola localidade romana de nome descoñecido que existía no actual poboado de Cabezo de Nuestra Señora del Pueyo de Belchite (quizais a antiga Beligio). A presa formou parte do sistema hidráulico construído polos romanos para o cultivo na zona do val do Ebro[2].
Variación demográfica do concello entre 1991 e 2012 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
2012 | 2010 | 2008 | 2004 | 2001 | 1996 | 1991 |
252 | 280 | 299 | 306 | 325 | 355 | 381 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.