poeta e político turco From Wikipedia, the free encyclopedia
Ali-Shir Nava'i, nado en Herat o 9 de febreiro de 1441 e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1501, tamén coñecido como Nizām-al-Din ʿAlisher Herawī (chagatai/persa: نظامالدین علیشیر نوایی) foi un escritor, político, lingüista e místico. [1] do Imperio Timúrido. Está considerado o máis recoñecido representante da literatura chagatai [2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1441 Herat (Dinastia Timúrida) |
Morte | 3 de xaneiro de 1501 (59 anos) Herat (Dinastia Timúrida) |
Visir | |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e poesía |
Ocupación | poeta |
Movemento | Sufismo e Sunnismo |
Mecenas | Husayn Bayqarah (en) |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 8 (en) , (p.195) |
Nava'i cría que o turco[3] era superior ao persa para a creación literaria, algo desusado na época, e mesmo escribiu unha obra, Muhakamat al-Lughatay, defendendo esta tese.[4]
Está considerado no mundo turcófono como o fundador da primitiva literatura turca, e moitos lugares e institucións en Asia central levan o seu nome.
Alisher Nava'i naceu no noroeste do actual Afganistán, entón parte do Imperio Timúrido, Herat era entón un centro cultural e intelectual de primeira orde no mundo musulmán. Alisher pertencía á elite timúrida, seu pai Ghiyāth ud-Din Kichkina (O pequeno), era un alto funcionario no palacio de Shāhrukh Mirzā gobernante de Khorasan. Súa nai serviu como aia do príncipe no palacio. Seu pai morreu cando Alisher era novo, e outro gobernante de Khorasan, Babur Ibn-Baysunkur, converteuse no seu titor.
Alisher foi compañeiro de escola de Husayn Bayqarah que logo sería o sultán de Khorasan. Alisher e a súa familia tiveron que fuxir de Herat en 1447 tras a morte de Shāhrukh, o que creou unha situación política inestable. Logo de restaurarse a orde volveu a Herat nos primeiros anos da década de 1450. En 1456, Alisher e Bayqarah foron a Mashhad con Ibn-Baysunkur. O ano seguinte Ibn-Baysunkur morreu e Alisher proseguiu os seus estudos en Mashhad, Herat, e Samarcanda. Tras a morte de Abu Sa'id Mirza en 1469, Husayn Bayqarah logrou o poder en Herat, e Alisher deixou Samarcanda para poñerse ao seu servizo, e con el permaneceu durante as décadas que gobernou ata a súa morte en 1501.
Alisher Nava'i levou un estilo de vida ascético, sen nunca casar, ter concubinas nin fillos[6]
Inmensamente rico doou[5] da súa fortuna persoal para a realización de obra pública [6], favorecendo a edificación ou restauración de 370 mesquitas, madrasas, bibliotecas, hospitais, caravasares, tan só en Herat foi o responsable de 40 caravasares, 17 mesquitas, 10 mansións, nove baños, nove pontes, e 20 piscinas. Entre as súas máis famosas construcións están o mausoleo do poeta místico, Farid al-Din Attar, en Nishapur mais a madrasa Khalasiya en Herat.
Baixo o sobrenome literario de Nava'i, Alisher estivo entre os primeiros que revolucionaron o uso literario do turco. Malia ser o persa a lingua da corte, escribiu principalmente en chagatai, converténdoa nunha lingua literaria prestixiosa e respectada, aínda que tamén escribiu en persa, usando o sobrenome Fāni.
Os poemas máis coñecidos de Nava'i atópanse nos seus catro diwans, coleccións de poesía, que totalizan aproximadamente 50.000 versos. Cada parte do traballo corresponde cun período diferente da vida dunha persoa:
Para axudar outros poetas tamén escribiu obras técnicas como Mizan al-Awzan, un detallado tratado de versificación; ou o monumental Majalis al-Nafais, unha colección de 450 esbozos biográficos de poetas contemporáneos.
Outra grande obra é Khamsa, composto por cinco poemas épicos, é remedo do Khamsa de Nizami Ganjavi:
Alisher Tamén escribiu Lison ut-Tayr (لسان الطیر ou Linguaxe dos paxaros) seguindo a obra de Attar Manteq-ol-tayr منطق الطیر ou Discurso dos pxaros), no que expresou a súa visión filosófica e as súas ideas sufís. Traduciu Nafahat-ul-uns (نفحات الانس) de Jumi ao chagatai co título de Nasayim-ul-muhabbat (نسایم المحبت).Besh Hayrat tamén dá unha ollada en profundidade ao seu pensamento sobre relixión e sufismo. O seu libro de poesía persa contén 6.000 liñas (beits).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.