From Wikipedia, the free encyclopedia
Alexei Shirov (en ruso: Алексей Широв), nado o 4 de xullo de 1972 en Riga (Letonia) e nacionalizado español en 1996, é un Gran Mestre Internacional de xadrez.
Na lista da Federación Internacional de Xadrez, FIDE, de xullo de 2007 é o número 11 do mundo, cun Elo de 2735. A súa mellor posición na clasificación mundial ata a data foi o terceiro posto, e a súa maior puntuación 2751 no ano 2000.
Shirov ocupaba en xullo de 2007 o número un da clasificación de España.
Participou en varias ocasións nas olimpíadas de xadrez coas seleccións de Letonia e España. En xaneiro de 1994 casou coa entón xogadora de xadrez arxentina Verónica Álvarez, da que se divorciou en 1998. Casado en segundas nupcias coa xadrecista lituana Victoria Cmilyte, reside actualmente entre Tarragona e Riga e ten dúas fillas e un fillo.
Con 14 anos Alexei Shirov logrou o terceiro posto no Campionato de Letonia. En 1988 proclamouse Campión do Mundo sub 20, con 10,5 puntos en 13 partidas, en Timisoara, Romanía. En 1989 acadou a súa primeira norma de Mestre Internacional no Aberto de Budapest. Obtivo os seus primeiros éxitos nos torneos de Daugavpils (Dünaburg) en 1989 (cuarto posto) e 1990 (primeiro posto). En maio de 1990 obtivo o seu título de Gran Mestre, vencendo no Torneo de Estocolmo, e é Subcampión mundial xuvenil empatado a puntos con Ilia Gurevich. En 1991 foi fichado para xogar na Bundesliga co equipo de Hamburgo. Nesa mesma liga, tralo seu paso polo Lübeck, milita actualmente nas filas do seu principal equipo, o OSC Baden-Baden.
A partir de 1994 instalouse na elite do xadrez mundial ó acadar o terceiro posto da clasificación FIDE. Gañou varios torneos e en 1998 foi segundo, a só 0'5 puntos do vencedor Anatoly Karpov, no Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Linares, considerado o Wimbledon do xadrez, onde se deron cita os sete primeiros clasificados da clasificación FIDE e que moitos consideran o máis forte de toda a súa historia. Xa en 1994 e 1995 fora terceiro nese mesmo torneo. En 1999 logrou imporse, por 5,5 a 3,5 puntos, no duelo de candidatos da PCA contra Vladímir Krámnik, gañando un posto para disputar ante Garri Kasparov o título de Campión do Mundo de Xadrez Clásico. Porén, Kasparov puxo moitas trabas e impediu que se disputase o título, nunha manobra que se coñece como "O timo de Cazorla", para a continuación finalmente facelo con Vladímir Krámnik, que se proclamaría Campión do Mundo nesa categoría.
O seu maior éxito ata a data foi acadar a final do Campionato do Mundo FIDE, en Teherán no 2000, onde perdeu ante Viswanathan Anand. En 2002 proclamouse campión de España en Ayamonte. É o número 1 na clasificación español e un dos principais xogadores a nivel mundial. En abril de 2007 gañou en 2 dos 3 torneos do Festival de xadrez Cañada de Calatrava, a ritmo activo, 25 minutos por xogador e no sistema Fischer.
Xogador | R1 | R2 | R3 | R4 | R5 | R6 | Desempate | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Shirov | = | = | = | 0 | = | 1 | 2.5(Clasificado) | 5.5 |
Michael Adams | = | = | = | 1 | = | 0 | 0.5 (Eliminado) | 3.5 |
Xogador | R1 | R2 | R3 | R4 | R5 | R6 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Shirov | 0 | = | = | = | = | = | 2.5(eliminado) |
Aronian | 1 | = | = | = | = | = | 3.5(clasificado) |
Shirov destaca polo seu estilo de ataque e pola busca de complicacións, unha tendencia que fai que se lle compare co seu compatriota, e Campión do Mundo en 1960, Mihails Tāls. Á vez é herdeiro das ensinanzas de Mikhail Botvinnik, Campión do Mundo e fundador de toda unha escola de xadrez en Rusia, fundamentada na lóxica e os resultados do traballo analítico.
Nun encontro con Vladimir Kramnik no Torneo de Linares de 1993 realizou un famoso movemento que produciu unha gran controversia a nivel mundial. Moveu dúas veces a súa torre ó cadro e4, ofrecéndoa en sacrificio, o que foi considerado un erro por moitos xogadores. Porén, Shirov publicou as variantes que demostraban que o sacrificio era correcto. Ó ano seguinte, nese mesmo Torneo volvería a vencer a Kramnik sacrificando de novo unha torre e acabando así coa polémica.
Contra Veselin Topalov realizou un movemento de alfil que é considerado por moitos como un dos máis sorprendentes da historia do xadrez, desprazando a peza ó cadro h3 e ofrecéndoa en sacrificio coa fin de que un dos seus peóns se coroase dama á vez que impedía ós peóns contrarios acadar a última fila.
Mellores resultados de Shirov ata 2007.
Ano | Torneo |
Posto | Puntos |
1988 |
Torneo de Borzhomi |
2º |
6'5/10 |
1989 |
Torneo de Val Maubee Campionato da URSS (s-f) |
1º-2º 4º |
6'5/9 8/14 |
1990 |
Torneo de Estocolmo Torneo de Daugavpils |
1º 2º |
7/9 6/9 |
1991 |
Torneo de Biel Torneo Ter Arpel Troll Masters Torneo de Kerteminde Torneo de Moscova Torneo BRNO Morava Torneo de Hastings |
1º 2º 1º 1º 1º 2º 3º |
9'5/14 3/5 8/9 6'5/9 8/11 5/9 8'5/14 |
1992 |
Torneo de Oakham Torneo de Reykjavik |
1º 1º |
7'5 7'5/11 |
1993 |
Torneo de Múnic Torneo de Linares Memorial Najdorf |
1º 4º 2º |
8/11 8/13 7/11 |
1994 |
Torneo de Horgen CS Torneo de Linares Torneo de Pardubice |
2º-3º 3º 2º-3º |
7/11 8'5/13 5'5/9 |
1995 |
Torneo de Linares Torneo de León Torneo de Biel Torneo de Belgrado |
3º 1º 2º 3º |
8/13 6'5/9 8/13 6'5/11 |
1996 |
Frankfurt Chess Classic Torneo de Madrid Torneo de Tilburg |
1º 3º-4º 3º |
5/6 6/9 6'5/11 |
1997 |
Torneo Maxistral de Madrid Porzellan Cup Rapid Torneo Ter Arpel Torneo de Belgrado |
2º 1º 1º 3º |
6'5/9 4'5/6 4/5 5'5/9 |
1998 |
Torneo de Linares Torneo Wijk aan Zee Torneo Melody Amber Memorial Akiba Rubinstein |
2º 3º 1º-2º 2º |
7/12 7'5/13 15/22 5'5/9 |
1999 |
Torneo de Saraxevo |
2º-3º |
6/9 |
2000 |
Torneo de Mérida Torneo de Saraxevo Torneo Melody Amber Memorial Akiba Rubinstein |
1º 3º 1º 2º |
4/6 8/11 15/22 6/9 |
2001 |
Torneo Liepaja Rapid |
1º |
8/11 |
2002 |
Torneo de Candidatos Dortmund Campionato de España Eurotel Trophy Grand Prix Dubái Torneo Melody Amber Torneo de Saraxevo Maxistral de Benidorm |
3º 1º 3º-4º 3º 2º 3º-5º 3º-4º |
Match Match Match Match 14'5/22 5/9 7'5/11 |
2003 |
Torneo de Hrokurinn Reykjavik Torneo Wijk aan Zee Torneo de Saraxevo |
1º 4º 2º-4º |
7/9 7/13 6/9 |
2004 |
Torneo de Saraxevo Memorial Paul Keres, Tallinn Torneo de León |
1º 1º 1º |
7'5/9 5'5/7 Match |
2006 |
Torneo de Pamplona |
3º |
4'5/7 |
2007 |
Torneo de Wijk aan Zee |
13º-14º |
4'5/13 |
Resultados en Partidas Individuais
ANO | MATCH |
RESULTADO |
1998 | Alexei Xírov - Vladimir Kramnik Alexei Xírov - Zbynek Hracek |
5'5 - 3'5 5 - 1 |
1999 | Alexei Xírov - Judit Polgar |
5'5 - 0'5 |
En 1998 publicou un libro chamado Fuego sobre el tablero: Las mejores partidas de Shirov. Recentemente apareceu un novo volume, Fuego sobre el tablero: 1997-2005 onde, entre outras cousas, se estende sobre o sucedido na disputa do cetro mundial de Xadrez Clásico.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexei Shirov |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.