Alejandro López Sánchez
futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandro "Álex" López Sánchez, nado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988, é un exfutbolista galego, que xogaba de centrocampista.
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1988 (37 anos) Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 64 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol e debutou co primeiro equipo con só 15 anos, nun partido ante o Deportivo da Coruña no Trofeo Concepción Arenal de 2003.[1] O seu debut en partido oficial produciuse o 15 de maio de 2005, nun partido da Segunda División.[2] Con tan só dezasete anos Álex substituíu o seu compañeiro Cyril Granon no minuto 78 do partido que enfrontaba os ferroláns contra o Club Deportivo Tenerife, e que se saldou cun empate a dous tantos.
Pola falta de oportunidades no Racing, decidiu buscar outros equipos nos que demostrar as súas posibilidades. Así, tras lograr a carta de liberdade, no mercado de inverno da tempada 2006/07 asinou polo Narón Balompé da Terceira División. Tras tres campañas nesta categoría, os seus numerosos goles espertaron o interese do Celta de Vigo, polo que o 3 de xuño de 2009, e tras unha dura pugna entre o o club vigués e o Racing de Ferrol, confirmouse finalmente a súa fichaxe polo club celeste[3].
Tras pasar uns meses no filial celeste, o 9 de xaneiro de 2010 é convocado por Eusebio Sacristán para o duelo que o Celta disputou contra o Nàstic de Tarragona[4]. Con todo, non chegou a xogar ningún minuto, e o seu debut como membro do primeiro equipo viuse aprazado ata o día 13 de xuño de 2010, no partido que enfrontaba o Celta de Vigo contra a Real Sociedad.
No verán de 2019 regresou á súa cidade natal para formar de novo no Racing de Ferrol. En febreiro de 2025 retirouse como futbolista e pasou a formar parte do organigrama do club ferrolán.[5]
Selección galega

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[6]
Clubs
Ano | Club | División | Encontros | Goles |
---|---|---|---|---|
2004-2005 | Racing de Ferrol | Segunda | 2 | 0 |
2005-2006 | SD O Val (cedido) | Terceira | ||
2006-2007 | Racing de Ferrol | Segunda B | 3 | 0 |
2007-2008 | Narón BP | Terceira | ||
2008-2009 | Narón BP | Terceira | ||
2009-2010 | Celta de Vigo B | Segunda B | 36 | 13 |
2009-2010 | Celta de Vigo | Segunda | 2 | 0 |
2010-2011 | Celta de Vigo | Segunda | 35 | 3 |
2011-2012 | Celta de Vigo | Segunda | 36 | 6 |
2012-2013 | Celta de Vigo | Primeira | 33 | 2 |
2013-2014 | Celta de Vigo | Primeira | 31 | 5 |
2014-2015 | Celta de Vigo | Primeira | 25 | 1 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.