Albert Schweitzer
médico, filósofo, teólogo e músico franco-alemán, Premio Nobel da Paz From Wikipedia, the free encyclopedia
médico, filósofo, teólogo e músico franco-alemán, Premio Nobel da Paz From Wikipedia, the free encyclopedia
Albert Schweitzer, nado en Kaysersberg o 14 de xaneiro de 1875 e finado en Lambaréné, Moyen-Ogooué (Gabón) o 4 de setembro de 1965, foi un médico, filósofo, teólogo protestante e músico franco-alemán, pola súa orixe alsaciana e Premio Nobel da Paz no ano 1952.
Albert Schweitzer naceu en Kaysersberg, Alsacia, entón parte do Imperio Alemán, e viviu os primeiros anos da súa vida en Gunsbach, localidade onde o seu pai era pastor protestante. Dende moi novo mostrou gran capacidade para a música e en 1893 superou o bacharelato. Despois dos estudos básicos, trasladouse a París para estudar filosofía e música. Deseguido formouse como teólogo na súa vila natal.
Como músico viaxou por Europa como reputado intérprete ao órgano, sobre todo das obras de Johann Sebastian Bach. Como teólogo, publicou o influente libro Geschichte der Leben-Jesu-Forschung (Historia da investigación sobre a vida de Xesús, máis coñecido pola súa tradución ao inglés, En busca do Xesús histórico, Tubinga, 1905) e o ensaio sobre san Paulo Die Mystik des Apostels Paulus (O misticismo do apóstolo Paulo, Tubinga, 1930), onde afonda nas crenzas escatolóxicas dos primeiros cristiáns, fundando a escola da "escatoloxía realizada".
No cume do seu éxito, abandonou a súa prometedora carreira para estudar medicina e cirurxía durante nove anos, coa idea de dedicarse aos máis desfavorecidos. Cando rematou os seus estudos médicos, en 1913, trasladouse coa súa familia a Lambaréné, na provincia de Moyen-Ogooué, en Gabón, entón baixo dominio francés.
Alí estableceu un hospital cerca dunha misión cristiá xa existente e tratou a millares de pacientes, especialmente leprosos e vítimas da enfermidade do sono. Durante a primeira guerra mundial foi feito cativo polas tropas franceses, pola súa nacionalidade, e trasladado á Francia continental. Daquela aproveitou para recadar fondos para o hospital en África e para expoñer a súa doutrina filosófica, centrada no valor de "reverencia pola vida". Volveu a Gabón en 1924, onde viviu ininterrompidamente ata o seu pasamento en 1965, saíndo de África só para recibir premios como o Goethe en 1928, o Nobel da Paz en 1952 e para explicar o seu pensamento en ciclos de conferencias.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.