poeta galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989,[1] é unha poeta galega.[2]
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1989 (35 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, investigadora, escritora, mestra |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Premios | |
Estudou Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela,[3] onde realiza a súa tese doutoral e exerceu docencia.[4] No curso 2020-2021 foi profesora no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, en 2022 aprobou a oposición de profesora de ensino secundario na materia de Lingua Galega e Literatura.
Foi recoñecida desde moi nova en diversos galardóns literarios[5]. O seu labor investigador céntrase na teoría poética e a literatura galega, enfocando especialmente a tematización da autoría, a enunciación, a hibridación xenérica e a fragmentación na poesía contemporánea.[6]
Publicou textos en diversos libros colectivos, como Poética da casa (2006), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015) ou Librosconversos (2016), e nas revistas Dorna[7] (de cuxo Consello de Redacción forma parte), Raigame, Algália, Grial e Luzes[8].[9]
Mantivo diversos espazos na rede, coma o caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos [10] ou a súa conta de Instagram, ademais de colaborar en diversas publicacións dixitais, coma Noir Magazine[11].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.