Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alba é o título dunha revista poética, en galego e castelán, editada na Coruña, primeiro, e Vigo, de 1948 a 1956, baixo a dirección de Ramón González-Alegre Bálgoma (1920-1968). Alcanzou un total de 16 números.
Alba | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vigo |
Lingua | lingua galega e lingua castelá |
Primeira edición | 1948 |
Última edición | 1956 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ó longo da publicación, a dirección de Ramón González-Alegre estivo compartida co xuíz e poeta vigués Otto José Cameselle Barcia (1921-1976) desde o cuarto número, e por un consello de dirección entre os números 10 e 13, para volver ser asumida en exclusiva a partir do número 14.
Sábese que a revista se creou na Coruña porque alí traballaban González Alegre e Alfonso Alcaraz, que inspiraron a edición de Alba, e que pasou a editarse en Vigo a partir de 1949 porque González Alegre foi trasladado a esta cidade pola empresa navieira para a que traballaba, e alí coñeceu a Cameselle. Non constan razóns do cesamento da publicación, e o propio González Alegre so di que
Por estas fechas nacieron otras revistas de poesía en Galicia, 'Xistral', de Lugo, y 'Aturuxo', de El Ferrol, por lo que 'Alba' entendió cumplida su misión
Foi reeditada como facsímile en 1995 polo Centro Ramón Piñeiro.[1]
A publicación non tivo periodicidade fixa: entre 1948 e 1949 apareceron 3 números; en 1950, 3; en 1952, 4; en 1953 e 1954, un número cada ano. Tampouco foi fixo o seu formato nin o número de páxinas, que variou entre extremos de 8-10 ata 48-50 páxinas; en moitos casos sen paxinar. Mesmo carecen de datación ata o número 9.
A maior parte do contido foi poesía pero tamén incluíu, xa a partir do 2º número, textos en prosa. Naceu co subtítulo de "Hojas de poesía" que cambiou a partir do cuarto número, xa editado en Vigo, polo de "Poesía y prosa" e no quinto e seguintes polo de "Verso y prosa". Foi norma habitual a inclusión de separatas soltas encartadas nos distintos números.
Salvo casos excepcionais, a única ilustración da revista era a que aparecía na portada, que se repite nos tres primeiros números e xa é diferente en tódolos seguintes. A partir do número 14, as distintas seccións nas que se dividía ábrense con cadansúa ilustración. Entre os ilustradores cabe citar a Luís Seoane, José Sesto, Prego de Oliver ou Suárez Llanos.
O seu obxectivo era ofrece-la posibilidade de publicar a tódolos poetas galegos, sen discriminar pola lingua na que o fixesen, a acolleu textos de Cunqueiro, Pimentel, Amado Carballo, Manuel María, González Garcés, Pura Vázquez e o propio González Alegre, entre unha longa lista de colaboradores esporádicos ou habituais.
Os cambios introducidos a partir do décimo número (1952) van máis aló da creación dese "consello de dirección" no que entran, ademais de Otto José Cameselle, Celso Emilio Ferreiro, Bernardino Graña e Luis Santamaría. Neste número publícase un Editorial que define claramente os obxectivos de Alba:
Somos una revista gallega de poesía, no una revista de poesía gallega. ... Nuestro fin primordial es el del servicio poético por encima de cualesquiera otras consideraciones que, si bien respetables, son secundarias en nuestros objetivos líricos. ... El idioma es para nosotros, poetas, un medio, no un fin
No número 4, sen datar pero presumiblemente de primeiros de 1950, dáse a nova da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Baixo o título "Nosotros y Castelao" e asinado por R.G.A.B. fan a memoria de Castelao como "poeta gallego ... ya que desde ningún otro punto de vista nos interesa".[2]
Debe terse en conta, ó ler esta editorial, a instrución ditada pola Dirección Xeral de Prensa ó día seguinte ó da morte, advertindo ós xornais do tratamento que debían dar á noticia do pasamento.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.