Alan Bean, nado en Wheeler (Texas) o 15 de marzo de 1932 e finado 26 de maio de 2018. Foi un astronauta, o cuarto home en pisar a lúa, en novembro de 1969[1][2][3].
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Alan Lavern Bean 15 de marzo de 1932 Wheeler, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de maio de 2018 (86 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington, Section 11, grave 249-2-B 38°52′20″N 77°04′27″O |
Educación | Universidade de Texas en Austin Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) R. L. Paschal High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial, pintor, aviador, astronauta, piloto de probas, Enxeñeiro de aviación |
Empregador | NASA, astronauta |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | Capitão de Primeira Classe (pt) |
Tempo no espazo | 69 días, 15 horas e 45 minutos |
Misión do astronauta | |
Cronoloxía | |
19 de novembro de 1969-20 de novembro de 1969 | camiñata na Lúa |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бин Алан) |
Traxectoria
Estudou enxeñería aeronáutica na Universidade de Texas, da que se licenciou en 1955. Piloto de probas da mariña norteamericana, foi o instrutor de Pete Conrad, o que despois sería o seu comandante no Apollo 12. En 1963 a NASA seleccionouno como para un dos seus grupos. En 1967, logo da morte de Clifton Williams nun accidente, Bean substituíuno como suplente da tripulación do Apollo 9.
Bean foi o piloto lunar do Apollo 12, e Bean e Pete Conrad aluaron o 14 de novembro de 1969 no Océano das Tormentas, exploraron a superficie lunar, realizaron experimentos e instalaron a primeira estación xeradora de enerxía nuclear na Lúa para proverse de enerxía.
Bean foi tamén o comandante do Skylab 3 en 1973. En 1975 retirouse da Mariña norteamericana, pero continuou traballando na NASA ata 1981, e a partir de entón dedicouse a pintar.[4]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.