From Wikipedia, the free encyclopedia
Abū 'r-Raihān Muhammad ibn Ahmad al-Bīrūnī (tamén Alberuni; en árabe: أبو الريحان البيروني; en persa: ابوریحان بیرونی) foi un matemático, astrónomo, físico, filósofo, astrólogo, viaxeiro, historiador e farmacéutico de finais do século X e primeira metade do XI; un dos intelectuais máis destacados do mundo islámico. Escribiu preto de 150 obras sobre historia, astronomía, astroloxía, matemáticas e farmacoloxía, das cales apenas sobreviviu unha quinta parte delas.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Naceu o 15 de setembro de 973 en Kath (Khwarazm actual Uzbekistán, aínda que parte do Imperio persa naqueles tempos) e morreu en Gazni (no actual Afganistán), o 13 de decembro de 1048.
Foi discípulo e amigo de Abu Nasr Mansur e mantivo unha relación epistolar bastante intensa co filósofo e médico Avicena, así como co historiador, filósofo e moralista Ibn Miskawayh. Era capaz de falar varios idiomas, entre os que se contan o grego, o hebreo, o siríaco e o bérber, aínda que escribiu a súa obra en persa (a súa lingua materna) e árabe. Acompañou a Mahmud de Ghazni nas súas campañas militares na India, o que lle permitiu aprender sánscrito e prácrito e estudar a súa relixión e a súa filosofía, así como escribir as Ta'rikh al-Hind ("Crónicas da India").
Á idade de 17 anos foi capaz de calcular a latitude de Kath, grazas á altitude máxima acadada polo sol, e á idade de 22 xa escribira varias obras curtas sobre a ciencia da cartografía, que incluían un método para a proxección dun hemisferio nun plano. Á idade de 27 os seus escritos incluían temas como o estudo do paso do tempo (cronoloxía) e os astrolabios, o sistema decimal, a astroloxía e a historia. Tamén calculou o radio da esfera terrestre (non toda a humanidade pensaba entón que a terra fose plana) cun erro inferior ao 1% do seu valor medio actualmente aceptado; o mundo occidental non chegou a ter un resultado equivalente ata o século XVI.
Fixo contribucións matemáticas en campos como:
Aínda que tamén estudou e reflexionou sobre outros temas, o que queda reflectido en obras como:
Aínda que moitos pensan que tivo unha grande afección pola astroloxía, da lectura das súas obras despréndese que non cría tanto na ciencia como podería intuírse dos títulos das súas obras; antes ben, utilizouna como base para os seus estudos verdadeiramente científicos. Foi un verdadeiro devoto do islam, pero non mostraba prexuízos contra os practicantes doutras relixións ou prexuízos racistas.
Moitas das ideas de Al-Biruni derivaron dos debates que mantivo con académicos do seu tempo. Por exemplo, fixo importantes observacións sobre a natureza da luz e a calor que foron o resultado da súa longa correspondencia con Avicena. En realidade Al-Biruni non foi un grande innovador nin os seus escritos estaban cheos de teorías orixinais... as súas ideas están fundadas no método experimental e na observación. O seu don de linguas permitiulle ler de primeira man moitos tratados da época e a súa idea preclara do desenvolvemento evolutivo da ciencia convertéronlle nun grande enciclopedista e erudito.
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.