Al-Ahly Sporting Club
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Al-Ahly Sporting Club (popularmente Al-Ahly, que significa O Nacional) é un club deportivo de O Cairo, en Exipto, principalmente coñecido polos éxitos da súa sección de fútbol, a máis laureada de África. O club foi fundado en 1907 por un grupo de estudantes nacionalistas que se opoñían á colonización. No ano 2000 foi recoñocido pola CAF como mellor equipo africano do século XX.
Al Ahly | |||
---|---|---|---|
Nome | Al Ahly Sporting Club | ||
Alcume(s) | Diaños vermellos | ||
Fundación | 24 de abril de 1907 (117 anos) | ||
Estadio | Cairo International Stadium, O Cairo, Exipto | ||
Capacidade | 74.100 | ||
Presidente | Mahmoud El Khatib | ||
Adestrador | Martín Lasarte | ||
Liga | Premier League de Exipto | ||
2023–2024 | 1.º | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Na rede | |||
http://alahlyegypt.com | |||
| |||
As súas cores son o vermello e o branco, sendo vermellas a camisola e as medias, e branco o pantalón.
O Al-Ahly xoga os seus encontros como local no Cairo International Stadium, un recinto multiúsos no que se poden disputar encontros de fútbol ou competicións de atletismo, que ten capacidade para 75.000 seareiros, e no cal tamén teñen a súa localía o seu grande rival, o Zamalek SC, e a Selección de fútbol de Exipto.
Palmarés
Títulos nacionais
- Premier League de Exipto (44) = 1948/1949, 1949/1950, 1950/1951, 1952/1953, 1953/1954, 1955/1956, 1956/1957, 1957/1958, 1958/1959, 1960/1961, 1961/1962, 1974/1975, 1975/1976, 1976/1977, 1978/1979, 1979/1980, 1980/1981, 1981/1982, 1984/1985, 1985،1986, 1986/1987, 1988/1989, 1993/1994, 1994/1995, 1995/1996, 1996/1997, 1997/1998, 1998/1999, 1999/2000, 2004/2005, 2005/2006, 2006/2007, 2007/2008, 2008/2009, 2009/2010, 2010/2011, 2013/14, 2015/16, 2016/17, 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2022/23, 2023/24
- Copa de Exipto (35) = 1924, 1925, 1927, 1928, 1930, 1931, 1937, 1940, 1942, 1943, 1945, 1946, 1947, 1949, 1950, 1951, 1953, 1956, 1958, 1961, 1966, 1978, 1981, 1983, 1984, 1985, 1989, 1991, 1992, 1993, 1996, 2001, 2003, 2006, 2007
- Supercopa de Exipto (6) = 2003, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010
Títulos internacionais
- Liga de Campións da CAF (7) = 1982, 1987, 2001, 2005, 2006, 2008, 2012, 2020
- Recopa de África (4) = 1984, 1985, 1986, 1993
- Supercopa da CAF (6) = 2002, 2006, 2007, 2009, 2013, 2021
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.