Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Akatsuki, coñecida tamén como Venus Climate Orbiter (VCO) e como Planet C antes do lanzamento, é unha sonda espacial da axencia espacial xaponesa JAXA lanzada o 20 de maio de 2010 mediante un foguete H-IIA desde o Centro de Lanzamento de Tanegashima.[2][3][5][6]
Akatsuki / Planet C / Venus Climate Orbiter | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | JAXA |
Destino actual | En órbita de Venus.[1] |
Data de lanzamento | 20 de maio de 2010, 21:58 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-IIA[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Tanegashima[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do clima de Venus.[3][6] |
NSSDC ID | 2010-020D |
Masa | 320,0 kg[3] |
Dimensións | Caixa de 1,6 x 1,6 x 1,25 m[3] |
Potencia | 1200 W[3] |
A misión de Akatsuki (amanecer en xaponés) é estudar a atmosfera de Venus en distintas lonxitudes de onda e desentranar o seu funcionamento, así como buscar posible evidencia de actividade volcánica e de relampos. Para iso a sonda leva catro cámaras distintas e un experimento de radio.[2][3][5][6]
A nave ten forma de caixa de 1,6 x 1,6 x 1,25 m con dous paneis solares que proporcionan ata 1200 vatios de potencia eléctrica e unha antena de alta ganancia de 1,6 m de diámetro. No lado oposto á antena se atopa o motor de manobra, de 500 N de impulso e alimentado por hidracina e tetróxido de nitróxeno. Distribuídos pola nave hai 12 propulsores de control de 23 e 3 N de pulo, alimentados só por hidracina. Akatsuki estabilízase nos tres eixos axudada por catro volantes de inercia. O coñecemento da actitude vén dado por unha unidade de referencia inercial, seguidores de estrelas, sensores solares e acelerómetros. No momento do lanzamento a masa da sonda era de 480 kg, propelente incluído, dos cales 34 kg eran de instrumentación científica.[2][3][5][6]
A enerxía producida polos paneis pode ser almacenada en baterías ou usada directamente pola nave. As comunicacións teñen lugar mediante un transpondedor de 20 W funcionando en banda X usando a antena de alta ganancia ou unha das dúas antenas de media ganancia e outras dúas de baixa ganancia. O control térmico acádase mediante illamento multicapa, radiadores e quentadores deseñados para que o interior da nave non pase de 20 °C.[2][3][5][6]
Akatsuki levaba seis instrumentos a bordo:[3][5][6]
Akatsuki foi lanzada o 20 de maio de 2010 e posta nunha órbita de transferencia cara Venus. A nave chegou ao seu destino o 6 de decembro de 2010 e o acendido do motor para entrar en órbita do planeta comezou ás 23:49 UTC, con Akatsuki pasando por detrás do planeta durante 22 minutos, nos cales non podería haber comunicación coa sonda. O contacto coa nave non se retomou á hora prevista se non máis dunha hora despois do previsto. O control de terra descubriu que o motor principal fallara debido a unha válvula do sistema de propelente, impedindo a inserción orbital. Tras unha análise da situación, co motor principal inservible, o equipo da misión conseguiu, usando os propulsores de control, facer entrar á sonda na órbita de Venus o 7 de decembro de 2015, cun perixeo de 400 km, un apoxeo de 440.000 km e uns 3 graos de inclinación orbital, unha órbita final moi distinta da órbita científica planeada orixinalmente.[3][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.