Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Airiños do Parque de Castrelos era un grupo de gaitas que interpretaba música tradicional galega, fundado na parroquia de Castrelos (Vigo) en 1943.
Músicos autodidactas, formáronse co maxisterio de músicos maiores da bisbarra de Vigo. Juan González, nado no lugar da Laxe en Sárdoma o 18 de xuño de 1927 e finado en Castrelos o 3 de decembro de 2016, empezou a puntear nunha frauta de cana. Logo aprendeu o instrumento dos gaiteiros dos grupos Os Morenos de Lavadores e Os Peruchos de Castrelos. Este gaiteiro está na cerna da creación do grupo:
Sendo un rapaz de doce anos, acompañado polo tambor do "O Merello", e polo irmán deste ao bombo, conforman o trío "Airiños da Nogueira" en lembranza "daquela inmensa nogueira que nin dez homes eran capaces de rodear cos brazos abertos" e que estaba perto das súas casas na Laxe.
A enfermidade da súa nai, que non podía aturar o barullo dos ensaios, e o seu noivado con Lucita forzan o cambio do lugar de ensaios cara a casa de Manolo [Dávila] en Castrelos; este feito propiciaría a refundación no ano 1943 do grupo "Airiños do Parque de Castrelos" xunto a Severo, Manolo e Crispín.
Contando 21 anos, e coa oposición do seu pai republicano a que tivese carnet da Falanxe, entra a formar parte do grupo "Coros e Danzas", vinculado á Sección Femenina sen afiliación.[1]
Creado durante o primeiro franquismo, Airiños do Parque de Castrelos estivo vencellado durante os seus primeiros anos á Sección Femenina de Falange Española como moitos outros grupos folclóricos, que foron utilizados polo réxime como elementos de cohesión.[2] Na Sección Femenina o grupo de gaitas entra en contacto co bailador e percusionista Wenceslao Cabezas "Polo", quen aprendeu a tocar a pandeireta con José Iglesias "Melitón", nativo de Sárdoma.[3][4] O grupo medrou e tivo proxección internacional como grupo oficial do réxime.
Unha agrupación que tamén exterioriza coa súa traxectoria o papel do folclore nestes anos é a dos vigueses Airiños do Parque de Castrelos, conxunto que encarna dalgún xeito o ideal rexionalista do réxime. Permaneceu unido durante prolongados períodos de tempo á Sección Femenina de Falange, tocou para Franco e para os reis e foi o complemento musical axeitado de múltiples actos oficiais e celebracións populares.[5]
Airiños do Parque de Castrelos actuou en romarías, festas parroquiais, certames e eventos locais, festivais internacionais, acompañou os grupos de danza dirixidos por Wenceslao Cabezas "Polo" e colaborou coa Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo. Cómpre salientar que esta escola e moitos dos eventos nos que Airiños participa fanse baixo unha corporación socialista, e en concreto con Manuel Soto como alcalde e Francisco Santomé Otero como concelleiro de cultura, o que, segundo Campos Calvo-Sotelo, permite comprobar tanto o efecto cohesionador da cultura popular nos primeiros anos democracia como a mirada reduccionista que as institucións políticas tiñan do folclore, fose no franquismo, fose no período autonómico: "Tanto a dictadura como o réxime autonómico levaron a cabo unha adopción sesgada e partidista do patrimonio cultural galego, o que forzaría os correspondentes procesos de selección de materiais acaídos".[6]
Desde 1970 é un grupo fixo nas celebracións do Día da muiñeira en Vigo, evento anual que xorde dunha idea do líder do grupo, "Polo". Nesa década convértese nun dos grupos máis activos da música rexional, un tempo no que a música folclórica gravada en disco e en casete pasa por un momento de grande expansión. Producen cinco gravacións, case sempre sen máis título que o nome do grupo, nos que inclúen temas de composición propia e mais pezas populares. Carlos Núñez salientou que o grupo Airiños do Parque de Castrelos era experto en incorporar os ritmos cubanos, como se evidencia na súa rumba "Cinco mariñeiros".[7]
En 1978 o grupo participou por primeira vez no Festival Intercéltico de Lorient xunto coa Escola de Gaitas de Ortigueira, Coral Casablanca e mais o grupo lugués Fuxan os Ventos. Os compoñentes de Airiños lembran o grande descoñecemento que na Bretaña había naquel momento de Galicia. Volve participar nese festival en 1981, desta vez canda Milladoiro e Xocaloma, o grupo Novos Ventos (gaiteiros de Beluso), a Coral de Ruada de Ourense, entre outros grupos galegos. Por mor do acordo de irmandade asinado ese mesmo ano entre as cidades de Lorient e Vigo, que establecía, entre outras aspectos, a invitación permanente dun grupo musical vigués ao Festival Intercéltico, volveu actuar nas edicións de 1982, 1984 e 1985.[8] O 9 de setembro de 1979 interveñen no Autunno Musicale en Como (Italia), nunha edición dedicada á gaita tradicional en Europa na que tamén tocaron Paddy Keenan (cornamusa irlandesa) e Agostino Troiano (surdulina). Consérvase a gravación no Centro di Dialettologia e di Etnografia de Bellinzona (Suíza).[9] En 1980 participaron na terceira edición do Festival de Ortigueira[10].
En 1993 recibiron o galardón Vigués distinguido como homenaxe aos seus cincuenta anos en activo.[11] Ese mesmo ano publicouse o disco Grupo Tradicional Airiños do Parque de Castrelos[12] e mais o libro conmemorativo Grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos": 1943-1993, que documenta a historia do grupo e inclúe partituras e unha ampla galería fotográfica.
Juan González foi un gaiteiro recoñecido polo seu mestrado entre instrumentistas máis novos e impulsou grupos como Semilleiro (do que formou parte Patricia Cela, artesá e integrante do Cuarteto Caramuxo)[13] e Os Kilovatios. Foi recoñecido como Vigués distinguido en 2006.
Desde o 13 de xuño de 1993 o grupo aparece no rueiro de Vigo na Alameda dos Gaiteiros de Airiños do Parque de Castrelos.
A súa discografía está composta por discos propios e algúns temas recompilados en traballos de musicoloxía tradicional europea.[15] Os títulos dos temas renden homenaxe á toponimia das Rías Baixas e, ocasionalmente, a figuras da música tradicional, como o gaiteiro Ricardo Portela e o artesán e gaiteiro Basilio Carril. As portadas dos discos abundan na iconografía rexionalista pois retratan ao grupo sempre vestido co traxe tradicional, en lugares emblemáticos das Rías Baixas, con elementos típicos como canastros e cruceiros.
1 | Pasodoble de Menduiña |
2 | Foliada da Falcoa |
3 | As mozas de Vilariño: alborada |
4 | Jota de Redondela |
5 | Pasodoble das Carneiras |
6 | Danza das patelas: danza marinera |
7 | Vira o pé: danza de Vilagarcía de Arousa |
8 | Jota de Castrelos |
9 | De Castrelos a Sárdoma: pasodoble (no casete titúlase: De Castrelos a San Pedro) |
10 | Jota do marinero |
1 | Muiñeira de La Coruña |
2 | Foliada dos airiños de Castrelos |
3 | Galicia terra meiga |
4 | Jota do moneco |
5 | Jota do monte |
6 | Jota homenaxe a Basilio Carril |
7 | Marcha solemne del antiguo reino de Galicia |
8 | Alborada de Rosalía de Castro |
9 | Fandango gallego |
10 | No palleiro |
11 | Muiñeira de Soutelo de Montes |
12 | Muiñeira de Redondela |
1 | Muiñeira dos rapaces |
2 | Valse dos vellos |
3 | Marcha solemne do antergo Reino da Galiza |
4 | Regueifa |
5 | No atrio de Castrelos |
6 | Ribeirana |
7 | As mozas de Vilariño |
8 | Carballesa |
9 | Do burro morto |
10 | Vindo da Escravitude |
1 | Fandango muradán |
2 | Danza dos petos |
3 | Os nenos de Marín (popular) |
4 | O Cocho das Dornas |
5 | De Vigo a Baiona |
6 | Na Virxen da Roca (popular) |
7 | Nas rúas de Baiona |
8 | Os cinco mariñeiros |
9 | No magosto |
10 | No carnaval en Vilariño |
11 | Na eira |
12 | Foliada dos airiños |
1 | Reverencia das Candelas |
2 | Churrusqueira |
3 | O Suita |
4 | Foliada da Sra. Juana |
5 | O cuco |
6 | In memoriam Ricardo Portela |
7 | Santa Fe |
8 | Danza de espadas de Baiona |
9 | Muiñeira de Almofrei |
10 | O río Lagares |
11 | Rumba do Reconco |
B1 | Os airiños d'o parque de Castrelos | Muiñeira |
B2 | Os airiños d'o parque de Castrelos | Jota |
B3 | Wenceslao Cabezas | Solo con la pandereta |
B4 | Os airiños d'o parque de Castrelos | Ribeirana |
B5 | Wenceslao Cabezas | Baile de pandero |
B6 | Os airiños d'o parque de Castrelos | Pasodoble del Berbés |
B7 | Wenceslao Cabezas | Alalá |
B8 | Os airiños d'o parque de Castrelos | Muiñeira |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.