arquitecto, debuxante, pintor e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Agustín Pérez Bellas, nado en 1925 en Vigo e finado en 1982, foi un arquitecto, debuxante, pintor e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Vigo, España |
Morte | 1982 (56/57 anos) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor, debuxante, escritor |
Familia | |
Cónxuxe | Mercedes Ruibal |
Graduouse en Arquitectura en Madrid no ano 1954 e en 1955 fixo a primeira mostra de debuxos na súa cidade. Logo o faría en Madrid, Milán, Santiago de Compostela, Barcelona, Moscova, Lisboa, París, Roma e Suramérica.
Casou en 1959 coa pintora Mercedes Ruibal e foi amigo de Rafael Alberti, Urbano Lugrís e Laxeiro. Ocasionalmente fixo crítica de arte en La Voz de Galicia.
A súa ideoloxía de esquerdas produciulle algúns problemas no franquismo.[2]
Hai exposta obra súa no Museo Municipal Quiñones de León e no Museo de Belas Artes da Coruña[3] e o seu concello adicoulle o nome dunha rúa.[4]
Postumamente, en 1996, Ediciós do Castro publicoulle Mi silueta felina, libro de poemas e relatos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.