From Wikipedia, the free encyclopedia
Agaete é un concello español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado ao noroeste da illa de Gran Canaria, a 30 quilómetros da capital.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | Agaete | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.568 (2023) (122,37 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 45,5 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 43 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35480 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35001 | ||||
Páxina web | aytoagaete.es |
Dentro do termo municipal destacan a súa cabeceira (a vila de Agaete), o Puerto de las Nieves a beiras do océano Atlántico, comunicado regularmente por transbordador coa illa de Tenerife, e Los Berrazales (barranco arriba, cunha exuberante vexetación). Nesta última zona, ao pé do piñeiral de Tamadaba, levántase un antigo e abandonado hotel rural.
A economía de Agaete baseouse historicamente na agricultura e a pesca, pero nos últimos decenios o turismo converteuse no sector máis importante. Un dos símbolos do municipio é o Dedo de Dios ou Roque Partido, formación rochosa con aspecto de dedo humano que se levanta fronte á costa. A parte superior do Dedo de Dios foi destruída por unha forte tormenta, a tormenta tropical Delta, en 2005.
Casas del Camino, El Hornillo, El Risco, El Sao, El Turman, Guayedra, Las Cuevecillas, Los Berrazales, San Sebastián, Barriada Señorita María Manrique de Lara (coñecido como Bilbao), Troya, Piletas, Puerto de las Nieves, San Pedro, El Palmeral, La Suerte, San Pedro, Vecindad de Enfrente e Las Candelarias.
Sen ningunha dúbida, Agaete caracterízase tamén polas súas festas patronais. A Vila mariñeira de Agaete celebra durante o mes de decembro as festas patronais en honra á Inmaculada Concepción e durante o mes de agosto, a Festa da Rama en honra á Virxe das Neves. O acto popular máis coñecido durante as festas de agosto da nosa Señora das Neves, é sen ningunha dúbida, a Baixada da Rama, declarado acto festivo de Interese Turístico Nacional.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agaete |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.