Os champiñóns (do francés champignon, procedente do latín vulgar campiniolus, derivado de campania ‘do campo’)[1] chamados formalmente agáricos[2] e tamén chamados cogordas[3] son fungos do xénero Agaricus. O máis coñecido é o champiñón común Agaricus bisporus.
Champiñóns (xénero Agaricus) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fungo dos lameiros (A. campestris) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
'Agaricus campestris (fungo dos lameiros) L.:Fr. | |||||||||||||||
Especie | |||||||||||||||
|
Trátase dun cogomelo de cor branca, co sombreiro redondo, que cando chega á súa madurez esténdese, pero sempre co bordo cara a dentro. As láminas son brancas en principio, pasando a rosadas e despois marróns. É comestíbel, e se ten as láminas de cor marrón, é mellor quitarllas.
Especies (selección)
- Artigo principal: Especies do xénero Agaricus.
En Galiza existen varias especies bravas coma o fungo dos lameiros ou fungo pequeno das febras (Agaricus campestris), a bóla de neve (Agaricus arvensis) ou a bóla de neve dos bosques (Agaricus silvicola). A maioría dos champiñóns son comestíbeis. Especies tóxicas como Agaricus xanthoderma caracterízanse por un cambio de cor en amarelo cromo cando se cortan. Algunhas especies salientábeis deste xénero son:
- Sección: Agaricus
- Agaricus campestris (fungo dos lameiros)
- Agaricus bisporus (champiñón común)
- Agaricus bitorquis (cogomelo das rapadoiras)
- Sección: Sanguinolenti
- Agaricus silvaticus (fungo das febras)
- Agaricus langei
- Sección: Minores
- Agaricus semotus
- Agaricus comtulus
- Sección: Arvenses
- Agaricus arvensis (bóla de neve)
- Agaricus silvicola (bóla de neve dos bosques)
- Agaricus augustus
- Sección: Xanthodermatei (champiñón fedorento)
- Agaricus xanthoderma
- Agaricus placomyces
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.