militar español From Wikipedia, the free encyclopedia
Afonso Carlos de Borbón e de Austria-Leste, nado en Londres en 1849 e finado en Viena en 1936, foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Afonso Carlos I (1931-1936), tamén coñecido como duque de San Jaime.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alfonso Carlos de Borbón y Austria-Este 12 de setembro de 1849 Londres, Reino Unido |
Morte | 29 de setembro de 1936 (87 anos) Viena, Austria |
Causa da morte | morte accidental, atropelo |
Lugar de sepultura | Attnang-Puchheim (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Outro | |
Título | Duque Carlist pretender to the Spanish throne (en) Duke of San Jaime (en) Duke of Anjou (en) Q198665 |
Familia | Casa de Borbón-Anjou |
Cónxuxe | Maria das Neves de Bragança (1871–) |
Pais | Xoán, conde de Montizón e Maria Beatriz de Áustria-Este |
Irmáns | Carlos, duque de Madrid |
Fillo do pretendente carlista Xoán e María Beatriz de Austria-Leste e irmán do tamén pretendente Carlos, educouse na familia da súa nai. Pertenceu ao corpo dos suavos do exército dos Estados Pontificios. Casou en 1871 con María das Neves de Braganza e durante a Terceira Guerra Carlista o seu irmán nomeouno comandante xeral de Cataluña, cruzou a fronteira francesa en decembro de 1872 e xa en Cataluña entrou en desavinzas con Francesc Savalls, en 1873 solicitou a unión do exército de Cataluña e do Centro e en 1874 organizou unha ofensiva por terras de Aragón e Castela a Nova, que o levaron a conquistar Cuenca. Pero a decisión do seu irmán de volver separar os exércitos do Centro e Cataluña provocou a súa dimisión e a súa marcha de España. No exilio destacou na organización de asociacións contra os duelos.
Tras a morte do seu sobriño, Xaime, duque de Madrid o 2 de outubro de 1931, Afonso Carlos converteuse no pretendente carlista. O 23 de xaneiro de 1936 designou rexente a Xavier de Borbón-Parma e o 29 de setembro de 1936 morría Afonso Carlos tras ser atropelado por un automóbil.
{{ORDENAR:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.