Adriaan van Stalbemt, nado en Anveres en 1580 e finado en 1662, foi un pintor barroco flamengo, especializado en pintura de gabinete.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaAdriaan van Stalbemt
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1580 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Anveres (Provincias Unidas) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de setembro de 1662 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Anveres (Países Baixos dos Habsburgo) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Gran Bretaña (1632–1633)
Anveres (1609–1662)
Middelburg (1586–1609) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Adriaan van Stalbemt)
Het Gulden Cabinet (en) Traducir, (sec:Adriaan van Stalbemt Schilder van Antwerpen, oudt 80 jaeren, Het Tweede Deel, pag. 228)
The Lives of Dutch painters and paintresses (en) Traducir, (sec:Stalbemt (Adriaan), V1, pag. 352) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5245964
Pechar
Thumb
As Ciencias e as Artes, óleo sobre táboa, 89,9 x 117 cm, Madrid, Museo do Prado.

Traxectoria

En 1586, tras a caída de Anveres, a familia, de relixión protestante, trasladouse a Middelburg en Zelandia. Adriaan retornou a Anveres despois da Tregua dos doce anos e en 1610 ingresou na guilda de San Lucas da cidade, que non abandonou xa salvo para unha curta estancia de dez meses en Gran Bretaña entre 1632 e 1633.[1] En 1617 e de novo en 1632 foi elixido decano do gremio local de pintores.[2]

As súas obras resultan difíciles de identificar, dada a variedade de temas que abordou e a escaseza de obras asinadas e datadas con precisión, o que ademais dificulta o estudo da evolución do seu estilo no curso da súa longa carreira, pois algunhas fontes indican que aínda pintaba con oitenta anos. Nas súas primeiras obras, como Paulo e Bernabé en Lystra (Frankfurt, Städelsches Kunstinstitut), cun elevado número de pequenas figuras, parece influído por Adam Elsheimer a través de David Teniers o Vello, en tanto nas paisaxes, como a Paisaxe con ilustracións de fábulas (Anveres, Koninklijk Museum), é notable a influencia de Jan Brueghel o Vello e a de Hendrick van Balen en obras máis avanzadas.[3] Pintor de historia, tanto bíblica como mitolóxica (Banquete dos deuses, Dresde, Gemäldegalerie Alte Meister), foi tamén excelente paisaxista aínda que non desdeñase colaborar con outros artistas aos que pintaba as figuras para os seus fondos de paisaxe, como sucede co triunfo de David sobre Goliat do Museo do Prado, no que a paisaxe corresponde a Pieter Brueghel o Mozo, pintado en 1618, e as figuras a Van Stalbemt, que as engadiu un ano máis tarde.[2]

Thumb
Pieter Brueghel o Mozo e Adriaen van Stalbemt, O triunfo de David sobre Goliat, óleo sobre táboa, 88 x 216 cm, Madrid, Museo do Prado.

O Museo do Prado conserva ademais un «gabinete de pintura» ou gabinete de curiosidades, coñecido como As Ciencias e as Artes polo seu carácter alegórico, e un fragmento doutro gabinete, O xeógrafo e o naturalista, copia da mesa cos estudosos afeccionados que aparece no ángulo inferior dereito do primeiro. Ao modo de Frans Francken o Mozo, nunha ampla e ben iluminada sala distribúense na parede do fondo, e sobre dúas mesas, baleirados de bronce, cadros de diversos xéneros, instrumentos musicais, cunchas e corais, unha esfera, mapas e o perpetuum mobile de Cornelius Drebbel, entre outros obxectos. Dous cadros destacan sobre o resto: o que ocupa o centro da parede do fondo, o maior de todos, no que se identifica á pintura axudada por Minerva e a Fama, a partir dunha composición de Otto Venius, e o que aparece no centro da sala apoiado nunha cadeira, ante o que discuten dous afeccionados, e que representa outro gabinete de pintura moi distinto, no que a Ignorancia, representada en personaxes con corpos humanos e cabezas de asno e de bufo, como principal inimiga das artes, destrúe cadros e obxectos científicos. Esta composición, típica de Frans Francken o Mozo, coñécese por outra banda como Os asnos iconoclastas, en alusión á Furia iconoclasta desencadeada nos Países Baixos en 1566, o que abre as portas a outro xénero de interpretacións, políticas e relixiosas.[4][5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.