dramaturgo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Adolfo Torrado Estrada, nado na Coruña o 2 de maio de 1904 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1958, foi un dramaturgo galego. Era irmán do director de cine Ramón Torrado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1904 A Coruña, España |
Morte | 12 de xullo de 1958 (54 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Familia | |
Irmáns | Ramón Torrado |
Iniciou a súa actividade literaria en La Voz de Galicia, fixo os textos para o documental La ciudad de cristal. Marchou a Madrid en 1929, onde destacou como autor teatral. Na súa primeira obra, Crack combinaba o melodrama coa comicidade, a chocallada co chisco ao espectador e a denuncia do estraperlo co cultivo dos tópicos nacionais, en especial dos galegos. Nos anos anteriores á guerra colaborou con Leandro Navarro, asinando obras do éxito como La Papirusa e Dueña y señora. Estreou as zarzuelas Catuxa, con música de Rebollo, e El cantar del arriero, musicada por Díaz Giles. Despois da Guerra Civil o seu teatro fíxose máis escapista e hedonista, imaxinando complicadas situacións co que se chamou "epopeya del advenedizo". O teatro de Torrado deixou de estar de moda nos anos 50. As súas comedias foron recollidas como Obras completas en 1948.
En 1946 escribiu o guión da película Mar abierto, dirixida polo seu irmán Ramón.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.