Adolfo Nonato Millabur Ñancuil, nado en Tirúa, Arauco, o 30 de agosto de 1966, é un dirixente social e político chileno de orixe mapuche-lafkenche oriúndo de Tirúa, cidade da que foi alcalde en cinco períodos, sendo así o primeiro alcalde de orixe mapuche da historia de Chile.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1966 (58 anos) Tirúa, Chile (pt) |
Membro da Convención Constitucional chilena | |
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022 | |
Alcalde Tirúa (pt) | |
2012 – 8 de xaneiro de 2021 – José Linco Garrido (en) → | |
Alcalde Tirúa (pt) | |
1996 – 2004 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | político independente |
En 2021 foi elixido para a Convención Constitucional por un dos escanos reservados ao pobo mapuche.
Traxectoria
No ano 1992, foi eixido concelleiro da comuna de Tirúa. Malia que nesas eleccións obtivo a primeira maioría como candidato a alcalde independente, a lexislación electoral da época impediulle ocupar o escano de xefe comunal.[1] Sendo concelleiro, en 1996 volveuse postular á alcaldía, conseguindo o cargo. Foi o primeiro alcalde mapuche da historia de Chile.[2] Logo sería reelixido como alcalde catro veces (non consecutivas). Nunca militou nun partido político.
A mediados dos anos 1990, iniciou xunto a outros mozos e dirixentes da zona de Arauco e Araucanía diferentes accións organizativas ao redor dos problemas que a Lei de Pesca estaba a traer para as comunidades mapuche lafkenche, conformándose finalmente a Identidade Terriorial Lafkenche (ITL), organización dedicada á defensa da autonomía do pobo mapuche, a recuperación dos territorios e a defensa do bordo costeiro.[3][4]
En 2008 a ITL logrou a publicación da Lei Nº 20.249, máis coñecida como Lei Lafkenche, que crea a figura xurídica do espazo costeiro mariño dos pobos orixinarios e estabelece un mecanismo para protexer as costas da industria extractivista. O obxectivo da lei é preservar o uso consuetudinario de devanditos espazos.
Dende 2006, as comunidades mapuche lafkenche que participan na ITL reúnense cada dous anos no Congreso Lafkenche, un encontro que itinera de costa en costa para definir e avanzar en metas de traballo conxunto organizativo. No primeiro evento realizado en Valdivia, acordouse que non se loitaría polo recoñecemento na Constitución de 1980, senón por unha nova Constitución que fose democrática, plurinacional e intercultural.[5]
En 2009 conseguiron a aprobación dun decreto no marco da Lei Xeral de Educación que implementa o ensino de linguas orixinarias nas escolas cun 20% de alumnado pertencente a estes grupos.
Tras o estalido social de 2019, Adolfo Millabur foi parte do grupo que loitou pola creación de escanos reservados para pobos orixinarios na Convención Constitucional que redactaría a nova Constitución. Adolfo Millabur renunciou ao seu cargo como alcalde de Tirúa o 8 de xaneiro de 2021 para postularse como candidato á Convención Constitucional na elección de maio dese ano polos escanos reservados para os pobos orixinarios.[6] Resultou elixido coa terceira maioría nacional dentro dos escanos mapuches, antecedido pola machi Francisca Linconao e Natividad Llanquileo; transformándose así no único home que se converteu en constituínte mapuche por escanos reservados sen necesidade de recorrer á corrección por «principio de paridade».[7][8]
Vida persoal
Casou con Sandra Ibarra e ten un fillo vivo, xa que o seu outro fillo, Licán Millabur Ibarra, foi atopado morto en marzo de 2019 nos arredores do lago Lleulleu, con sinais de ter cometido suicidio á idade de 24 anos.[9]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.