Adán e Eva (Dürer)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Adán e Eva (en alemán: Adam und Eva) é unha parella de pinturas realizada polo artista alemán Albrecht Dürer. Están pintadas ó óleo sobre táboa. Datan do ano 1507, segundo consta nun cartel xunto a Eva. Ambas miden 209 cm de alto, e en canto á anchura, unha mide 81 cm e a outra 80. Exhíbense no Museo do Prado de Madrid (España).
Adán e Eva | |
---|---|
![]() | |
Tipo | serie pictórica |
Epónimo | Adán e Eva |
Movemento | Renacemento alemán |
Xénero artístico | arte sacra e nudez na arte |
Material | pintura ao óleo e painel (pt) |
Propietario | Cristina I de Suecia |
Autoría | |
Creador/a | Albrecht Dürer |
Temática | |
Baseado en | Xénese |
Representa a | Adán, Eva, árvore da ciência do bem e do mal (pt) , home, muller, cobras, Serpente (pt) , embigo, seo, melena, vértice (pt) e parella |
Publicación | |
País orixe | Alemaña |
Datas | |
Data de creación | 1507 |
Dimensións | |
Altura | 209 cm |
Localización | |
Localización | Prado Hall 055B (en) |
Colección | Museo do Prado |
Obra derivada | |
Derivados
| |
Composto por | |
[ Wikidata ] |
Descrición
Durero representou, en dúas táboas independentes, a Adán e Eva. Na de Adán preséntase a figura deste sobre un fondo escuro, de xeito que toda a atención se centra na figura masculina que está de pé, pintado de corpo enteiro, sobre un terreo irregular cheo de pedras. O corpo de Adán presenta un lixeira inclinación. Suxeita unha póla da maceira no que se atopa enrolada a cobra, de tal xeito que os seus xenitais quedan cubertos con esta póla con follas e unha mazá. O seu rostro é novo, de faccións proporcionadas, amosando unha expresión de sorpresa. Os seus rizos louros ondean ó vento.

Eva permanece á beira da árbore, véndose a serpe enrolada ó redor dunha das pólas. Tamén está representada de corpo enteiro, pero a súa postura é distinta. Preséntase de fronte, adiantando a perna dereita. O seu sexo, como o de Adán, está tapado; no caso de Eva, coas follas dunha póla que se atopa na zona esquerda da composición. Como é tradicional na arte, a cor da pel de Eva é máis claro que o de Adán. O rostro de Eva é claro, e aínda desprende inocencia. A súa longa melena loura tamén ondea ó vento.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.