Hans Baldung
artista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hans Baldung ou Hans Baldung Grien/Grün, nado en Gmünd, Suavia, cara ao 1480 e finado en 1545, foi un pintor alemán, considerado o mellor discípulo de Albrecht Dürer.

Viviu a maior parte da súa vida en Estrasburgo e Freiburg in Breisgau.
As súas primeiras obras coñecidas son pezas de altar co monograma H.B. interlazado, na capela do mosteiro de Lichtenthal preto de Baden e que datan de 1496. En 1501 realiza o retrato do emperador Maximiliano I. En 1513 trasladouse a Freiburg in Breisgau e comezou unha longa serie de composicións, que remata en 1516, para o altar maior da catedral.
As súas obras amosan un estilo realista, aínda que matizado polo persoal da súa imaxinación no que a propensión a utilizar a cor verde é rechamante, así como a atmosfera misteriosa e sobrenatural das súas obras relixiosas.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
