A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema. Aínda que a maioría dos seus membros son estadounidenses, pertencen a ela famosos cineastas de todo o mundo. No 2004, a Academia admitira como membros a cualificadas personalidades do cine de 36 países.[1]
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas | |
---|---|
Acrónimo | AMPAS |
Tipo | film academy |
Data de fundación | 11 de maio de 1927 |
Fundador(es) | Richard Barthelmess, Jack Holt, Conrad Nagel, Milton Sills, Douglas Fairbanks, Harold Lloyd, Mary Pickford, Cecil B. DeMille, Frank Lloyd, Henry King, Fred Niblo, John M. Stahl, Raoul Walsh, Charles Christie, Sid Grauman, Jesse L. Lasky, M. C. Levee, Louis B. Mayer, Joseph Schenck, Irving Thalberg, Harry Warner, Jack Warner, Harry Rapf, Joseph A. Ball, Cedric Gibbons, Roy Pomeroy, Joseph Farnham, Benjamin Glazer, Jeanie MacPherson, Bess Meredyth, Carey Wilson e Frank E. Woods |
Presidente/a | Douglas Fairbanks (1927-1929) (2019-)
John Bailey (2017-2019) Cheryl Boone Isaacs (pt) (2013-2017) Hawk Koch (2012-2013) Tom Sherak (en) (2009-2012) Sid Ganis (pt) (2005-2009) Frank Pierson (pt) (2001-2005) Robert Rehme (pt) (1997-2001) Arthur Hiller (1993-1997) Robert Rehme (pt) (1992-1993) Karl Malden (1989-1992) Richard Kahn (en) (1988-1989) Robert Wise (1985-1988) Gene Allen (pt) (1983-1985) Fay Kanin (1979-1983) Howard W. Koch (pt) (1977-1979) Walter Mirisch (pt) (1973-1977) Daniel Taradash (1970-1973) Gregory Peck (1967-1970) Arthur Freed (pt) (1963-1967) Wendell Corey (1961-1963) Valentine Davies (pt) (1960-1961) B. B. Kahane (pt) (1959-1960) George Stevens (1958-1959) George Seaton (pt) (1955-1958) Charles Brackett (pt) (1949-1955) Jean Hersholt (pt) (1945-1949) Bette Davis (1941-1941) Walter Wanger (pt) (1941-1945) Walter Wanger (pt) (1939-1941) Frank Capra (1935-1939) Frank Lloyd (1934-1935) Theodore Reed (pt) (1933-1934) Conrad Nagel (pt) (1932-1933) M. C. Levee (en) (1931-1932) William C. deMille (1929-1931) Douglas Fairbanks (1927-1929) |
Nº de membros | 9.921 (2020) |
Eventos/Actividades | ceremonia dos Óscars |
Organización subsidiaria | Margaret Herrick Library |
Sede | Beverly Hills |
En | Beverly Hills |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.oscars.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Academia é principalmente coñecida polos denominados Academy Awards ("Premios da Academia"), coñecidos informalmente en tódolos países como Premios Óscar. A Academia concede tamén, anualmente, premios a estudantes de cinematografía, premios e bolsas a novos guionistas, e xestiona a Biblioteca Margaret Herrick en Beverly Hills e o Centro Pickford para o Estudo da Cinematografía en Hollywood (Os Ánxeles).
A presidenta da Academia americana do cine é, dende 2013, Cheryl Boone Isaacs.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.