From Wikipedia, the free encyclopedia
O absceso de Brodie é unha doenza ósea infecciosa. É unha complicación subaguda da osteomielite, que pode persistir durante anos até facerse crónica. O organismo que máis adoita causalo é o Staphylococcus aureus. Fisiopatoloxicamente, esta doenza é o resultado da formación dun absceso infeccioso que posteriormente queda arrodeado de óso de nova formación. O ósos do organismo máis frecuentemente afectados por esta doenza son as metáfises dos ósos longos, e de entre eles o máis afectado é a tibia, por ser ademais o óso máis afectado pola osteomielite. Deste xeito, o material pióxeno queda encerrado, como acontece en todos os abscesos. O termo provén do nome do cirurxián inglés Benjamin Collins Brodie.[1]
Absceso de Brodie | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
RMN dun absceso de Brodie. | |
ICD-10 | M86.8 |
ICD-9 | 730.1 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O principal síntoma é a dor, que adoita ser localizada no lugar da lesión. É unha dor nocturna, que se alivia coa administración de aspirina. Ás veces, os síntomas poden ser semellantes aos do osteoma osteoide, o cal é típicamente menor de 1 cm de diámetro.
O método máis eficaz para diagnosticar un absceso de Brodie é a radiografía simple, por ser unha técnica barata e efectiva. Radiolóxicamente obsérvase unha zona radiolucente (branca) ovalada ou elíptica, de máis dun centímetro de diámetro, con tecido de granulación e certa esclerose. Outras técnicas de imaxe, coma a TAC ou a resonancia magnética son tamén útiles para o diagnóstico desta enfermidade.
O absceso de Brodie pode ser confundido con outras doenzas:[2]
O tratamento principal para esta doenza é a cirurxía. O tipo de cirurxía dependerá do tamaño do absceso. Se este é pequeno, a cirurxía consiste na exérese do absceso, con posterior curetaxe e tratamento antibiótico. Se o absceso e de gran tamaño, haberá de fixarse o óso con enclavaxes endomedulares ou outros dispositivos cirúrxicos, tratamento semellante a unha fractura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.