exeñeiro e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Abraham Gerpe Muñiz, nado en Lume de Suso (Santa Baia de Castro) en 1991, é un político galego, que chegou a ser alcalde independente de Coristanco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1991 (32/33 anos) Lume de Suso, España |
Alcalde de Coristanco | |
2017 – 2019 ← Amancio Lavandeira | |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro civil |
Enxeñeiro de obras públicas e enxeñeiro civil, ao rematar os estudos presentouse como cabeza de lista polo PSdeG ás eleccións municipais 2015 de Coristanco, e resultou escollido como único concelleiro socialista. Apoiou a elección como alcalde do candidato de TeGa, Amancio Lavandeira, xunto coa concelleira do BNG, pasando a formar parte do goberno ocupándose da concellería de Obras e Urbanismo[1].
En xuño de 2016 renunciou ao seu posto no goberno, aducindo á crítica situación económica pola que pasaba o concello[2]. En agosto de 2017 presentou unha moción de censura apoiada polo PPdeG, polo que pasou a ser o alcalde. Gerpe e os concelleiros populares foron expulsados das súas formacións políticas e formaron grupo de goberno independente[3]. Gerpe estivo de baixa durante varios meses do seu mandato, por accidentes de tráfico e despois por casar[4]. Tamén viu como o seu equipo de goberno rompía a un ano das eleccións, ao dimitirlle o antigo alcalde, Antonio Pensado (expulsado do PP trala moción de censura).
Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Contigo Coristanco, brazo local do partido Contigo Somos Democracia, mais tan só acadou 1 concelleiro e a alcaldía pasou a Juan Carlos García Pose do PPdeG[5], formando parte da oposición. Nas municipais de 2023 non presentou candidatura e abandonou a primeira liña política.
Predecesor: Amancio Lavandeira |
Alcalde de Coristanco 2017 - 2019 |
Sucesor: Juan Carlos García Pose |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.