From Wikipedia, the free encyclopedia
Abertzaleen Batasuna (Unión dos Nacionalistas en éuscaro) (A.B.) é un partido político do País Vasco francés.
Abertzaleen Batasuna (AB) | |
---|---|
Partido político do País Vasco francés | |
Historia | |
Fundación | 1993 (coalición) 2001 (partido) |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo vasco Esquerda |
Outros datos | |
Sede | Rúa Cordelliers, 25. Baiona |
Na rede | |
abertzaleen-batasuna.over-blog.com | |
É o partido nacionalista vasco máis forte en Iparralde recibindo arredor do 10% dos votos neste territorio. O seu obxectivo prioritario é a creación dun departamento do Pays Basque de forma separada ó dos Pireneos Atlánticos. Ideoloxicamente, como outros partidos nacionalistas vascos, ten unha ideoloxía esquerdista.
En 2001, membros de AB que desexaban un vínculo máis forte cos vascos do sur abandonaron o partido e formaron a rama vascofrancesa de Batasuna, un partido diferente pero de similar ideoloxía, activo no País Vasco francés e ilegal pero forte no País Vasco español.
AB non xustifica a violencia de ETA, pedindo unha tregua e posterior negociación. ETA ten criticado[1] a AB por esta falta de apoio daqueles a quen vían como unha organización afín.
O xornal máis relacionado con AB é Enbata.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.