From Wikipedia, the free encyclopedia
Abbas II, Abbas Hilmi Pachá (en árabe: عباس حلمي باشا), nado o 14 de xullo de 1874 e morto en decembro de 1944 en Xénova, foi o derradeiro khedive de Exipto e o Sudán entre 1892 e 1914.
Nome orixinal | (ar) عباس حلمي الثاني |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de xullo de 1874 Alexandría, Exipto |
Morte | 19 de decembro de 1944 (70 anos) Xenebra, Suíza |
Lugar de sepultura | Qubbat Afandina (en) |
Quediva (pt) | |
8 de xaneiro de 1892 – 19 de decembro de 1914 ← Tewfik Paxá (pt) – Hussein Kamil (pt) → | |
Beylerbey of Egypt (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Alexandría |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | político |
Profesores | Max Hussarek von Heinlein (pt) |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Familia | Dinastia Mehmet Ali (pt) |
Cónxuxe | Ikbal Khanum Effendi (1910–1913) Marianna Török (1895–1900) |
Fillos | Muhammad Abdel Moneim () Ikbal Khanum Effendi |
Pais | Tewfik Paxá e Amina Najiba Khanum Effendi |
Parentes | Ismail Paxá, avó |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Como descendente de Mehemet Ali, sucedeu ao seu pai, Tewfik Pasha, como khedive de Exipto e o Sudán. De rapaz visitou o Reino Unido e tivo un titor británico durante algún tempo no Cairo. Estudou en Lausana e Viena, dominando ademais do turco e o árabe, o inglés, francés e alemán.
Cando aínda estaba a estudar en Viena produciuse a súpeta morte do seu pai que o levou ao cargo de khedive. Durante os seus primeiros anos no cargo soubo rodearse dun grupo de conselleiros europeos que o animaron e learon a oporse ás inxerencias británicas. Compre destacar que nesta época o exército británico tentouse aproveitar na xuventude do novo mandatario para ocupar militarmente o país en 1882. Esta intervención británica en Exipto estaba personificada na figura do xeneral sir Evelyn Baring, Cónsul Xeral do Cairo, que defendía os intereses británicos no país.
Logo dalgúns enfrontamentos co exército de ocupación viuse obrigado a facer concesións e a cooperar coas iniciativas progresistas que lles interesaban aos británicos na rexión. Isto era o que facía de cara á galería, pois ao mesmo tempo financiaba o movemento nacionalista que dirixía Mustafá Kamil e o xornal independentista Al-Mu`ayyad. Mentres Kamil gañaba o apoio popular para un partido nacional, o khedive distanciábase en público del.
En 1906 os nacionalistas moderados dirixidos por Ummah, que gobernaban co apoio dos británicos, esixiron un goberno constitucional; para evitalo, Abbas reconciliouse cos británicos. En 1907 aprobaba a formación do Partido Nacional, dirixido por Mustafa Kamil, para oporse ao partido de Ummah.
En 1912 Kitchener substitúe a Evelyn Baring como cónsul xeral e manda ao cárcere aos líderes do Partido Nacional, eliminando ao mesmo tempo atribucións do khedive. e a autoridade de Abbas foi perdendo atribucións. Abbas II apoiou aos turcos otománs na I Guerra Mundial, chamando á rebelión contra os ingleses a exipcios e sudaneses, o que lle valeu ser deposto en 1914 polo Reino Unido, que estableceu un protectorado en Exipto.
Ao conseguir Exipto a independencia en 1922, foi nomeado rei o sultán Fuad, e Abbas pasou o resto da súa vida exiliado, morrendo en Xénova o 19 de decembro de 1944.
Durante o seu reinado estableceu un sistema de xustiza autóctono, rebaixou os impostos, restaurou os sistemas de irrigación abandonados polo Estado durante anos, e ditou normas para mellorar a sanidade e a educación. Demostrou grande interese pola agricultura e a gandería.
Entre os seus logros, está a reconquista do Sudán en 1898, e a realización de grandes obras públicas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.